- Advertisement -
O PP de Ribas de Sil denuncia que o concello teña renunciado a 35.000 euros do Plan de Cooperación cos Concellos da Deputación. Investimentos do 2024 para o acondicionamento da escola de Nogueira. Os populares condenan a xestión do goberno municipal “por deixar perder unha cantidade importante que permitiría facer unha obra no municipio. Non só se perdeu esa cantidade de diñeiro; tamén a oportunidade de mellorar a escola de Nogueira.”

