HomesociedadeA Xunta entrega en Monforte 4 vivendas de promoción pública en réxime...

A Xunta entrega en Monforte 4 vivendas de promoción pública en réxime de alugueiro

A Xunta vén de entregar en Monforte de Lemos catro vivendas de promoción pública en réxime de alugamento. Dúas están situadas na rúa Val de Lemos e dúas na rúa Ourense

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou no acto de entrega das chaves ás persoas adxudicatarias. Explicou que todos son pisos de tres dormitorios, que quedaran libres e pasan a ser ocupados por novas familias.

Arias destacou que o Executivo autonómico aprobou a Estratexia do impulso da vivenda protexida en Galicia, que contempla medidas para duplicar o parque público residencial e garantir o acceso de máis familias. Entre as principais novidades, figura a ampliación do límite máximo de ingresos para acceder a este recurso.

As persoas interesadas en solicitar unha vivenda de promoción pública deben inscribirse no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia, un trámite que pode facerse en liña a través da sede electrónica da Xunta.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...