HomesociedadeO concello de Ribas de Sil asina convenio coa Deputación para nove...

O concello de Ribas de Sil asina convenio coa Deputación para nove actuacións

A Deputación de Lugo e o concello de Ribas de Sil veñen de asinar un convenio para a realización de nove actuacións no municipio como a mellora do firme de acceso a Figueirido, na parroquia de Piñeira.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O convenio recolle entre outras obras, a renovación do alumeado público na Rúa Antonio Pedrosa-Pumares, en San Clodio; a construción de pasos peonís elevados e melloras nas beirarrúas; a ampliación da rede de abastecemento en Barreiro; e a instalación de luminarias solares na Fraga e no paseo fluvial de San Clodio.

Contémplase tamén a adquisición de mobiliario para eventos culturais e festivos, novo equipamento para o Servizo de Axuda no Fogar e a organización de actividades culturais, deportivas e festivas durante o verán, entre elas a IV Festa do Viño e a Festa da Xuventude.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...