HomeCulturaProxectos musicais do sur de Lugo que optan aos 'Premios Martín Códax...

Proxectos musicais do sur de Lugo que optan aos ‘Premios Martín Códax da Música’

A banda de rock Gin Toni's, Peitoescuro, Lucía Pérez, Los Jinetes del Trópico e o grupo tradicional Xograres de Lemos son os proxectos musicais representantes do sur de Lugo na edición deste ano. O prazo para as votacións remata o 24 de maio.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Conta atrás para coñecer os gañadores da XIII edición dos Premios Martín Códax da Música con 48 proxectos de toda Galicia escollidos por un xurado profesional que compiten en 15 categorías musicais, Artista Emerxente e Organistrum.

Representando ao sur de Lugo atopamos 5 propostas que entran nas categorías musicais de Orquestras, Grupos e Músicos de Verbena, Música Folk, Pop/Indie e Música Tradicional. Son as seguintes:

Na categoría de ‘Orquestras, Grupos, Músicos de verbena, figuran os coñecidos “Gin Toni’s”, unha banda divertida, apaixoada e elegante orixinaria do Saviñao e que ten como lider da mesma ao popular Andrés Montes. Na ficha que consta na web dos ‘Premios Martín Códax da Música’ preséntanse “como unha banda que cada noite logra unha conexión incrible co público dos seus concertos. Nesta xira faránnos viaxar unha vez máis polas versións das mellores cancións do Pop Rock español, dende os anos 80 ata a actualidade”.

Outro candidato, neste caso, na categoría de ‘Música Folk’, é o quirogués ‘Peitoescuro’. Na súa carta de presentación reza tal que así “dos cumios do Courel ata os Canóns da Ribeira Sacra baixan, como segredos do vento, as melodías ancestrais e ritmos tribais de PEITOESCURO. Salvaxe na súa esencia, este artesán sonoro érguese como un canto de paxaros entre as ruínas dun rural ferido. Con cantigas populares, versos poéticos e ritmos ancestrais, eleva a tradición folclórica ibérica utilizando recursos electrónicos, co fin de amplificar os latexos das serras”.

Captura video ‘Metamorfose’. Peitoescuro.

Tamén está entre as seleccionadas a cantante do Incio, Lucía Pérez. No seu caso dentro da categoría de ‘Pop/Indie’. Salientar desta artista lucense que este 2026 non será unha data máis para ela. A voz que nos conquistou a todos ao seu paso por Eurovisión no ano 2011 coa canción “Que me quiten lo bailao” celebra outras dúas efemérides importantes: o seu 40 aniversarioo seu 20 aniversario na música. Lonxe de vivir da nostalxia, a galega sorprende co seu novo sinxelo, que é toda unha declaración de intencións. “Porque no” é un himno de reafirmación persoal e a promesa de futuro dunha muller que non pide permiso, que non cala, que se planta, que se escolle e que segue adiante sendo ela, sen filtros e sen medos.

Na categoría de Música Tradicional atopamos o grupo vocal-instrumental Os Xograres de Lemos que forma parte da Asociación Cultural Os Xograres de Lemos. Son de Monforte e a directora chámase Beatriz Vázquez López. Nace no ano 2013 como froito da gran demanda e auxe que ten a música tradicional na comarca de Lemos e co paso dos anos foi aumentando o número de integrantes, sendo na actualidade ó redor de sesenta compoñentes. No que respecta ao repertorio, este abrangue na súa maioría recopilacións de temas tradicionais galegos, e sobre todo composicións propias da directora musical.

Por último, outro grupo de Monforte, Los Jinetes del Trópico, participan na categoría de Músicas Urbanas. Unha banda que nace no ano 2015 da man de Laura Solla e Toñyto Garzía. Neste primeiro ano realizan numerosos concertos por toda Galicia. A posteriori, a banda pasa a estar formada por Toñyto, Neme e Mike, momento no que tivo unha forte exposición a nivel galego. Naquel ano 2017 o grupo experimentou varios cambios no que respecta aos seus membros, mais na actualidade está formada por Toñyto Garzía (trombón, voz, DJ e guitarra), Henry Pereira (percusión latina e voz) e Porri Rodríguez (tamén voz principal).

​Os actuais xinetes teñen ao longo da súa traxectoria unha extensa discografía formada por máis de 60 cancións, entre elas o LP Cabalgando pola ría, publicado no ano 2019, e varios EPs como este último que presentan este ano, titulado A calor é un dereito.

​Ao longo de toda a súa traxectoria alcanzaron varios premios, como o de Sons Emerxentes da Fundación Paideia, a residencia artística tamén da Fundación Paideia, ou o segundo premio no concurso musical de Zafarraya (Granada), obtido no 2025. Levaron a súa música ata Suiza e Portugal, pasando obviamente por Galicia como principal punto de actividade, aínda que tamén cabe destacar que no ano 2023 fixeron unha xira nacional da man de Dinamiz-ARTj.

Los Jinetes del Trópico. Foto: Musicsoft / BlackPro
AS VOTACIÓNS

Na web dos Premios Martín Códax da Música pódense ver as 15 categorías musicais, así como as seccións especiais de Artista Emerxente e Organistrum; neste último apartado están os candidatos a mellor sala, a mellor festival e a mellor páxina web. Dende a propia páxina web dos premios pódese acceder, escoitar cada proposta e proceder ás votacións

O voto do público, xunto ao das persoas asociadas a Músicas ao Vivo, contará cunha ponderación do 50% trala selección do xurado. 

A GALA

Celébrase o vindeiro 27 de maio, terá lugar no Pazo da Cultura do Concello de Pontevedra e será transmitida pola plataforma agalega.gal e na canle de youtube de Músicas Ao Vivo.

ÚLTIMAS

Laboratorio de Experiencias, nova proposta do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra que se celebra ata finais de xuño

O Laboratorio de Experiencias propón un modelo turístico máis experiencial, sostible e conectado cos...

O PP de Monforte demanda un plan de impulso para a música e danza tradicional galegas

O PP de Monforte defenderá no pleno deste mes unha iniciativa para esixir ao...

8.563€ para a reposición da varanda da Pinguela danada pola caída dunha árbore no temporal

A caída da árbore dobrou completamente as dúas varandas laterais no primeiro tramo da...

O concello de Ribas de Sil asina convenio coa Deputación para nove actuacións

O convenio recolle entre outras obras, a renovación do alumeado público na Rúa Antonio...