HomesociedadeO concello de Chantada comeza a modernización do Miradoiro de Sernande

O concello de Chantada comeza a modernización do Miradoiro de Sernande

O concello de Chantada conta con cinco miradoiros no seu termo municipal, 4 deles sobre o río Miño e un no monte do Faro nun espazo natural integrado na Rede Natura 2000, declarado Lugar de Importancia Comunitaria e espazo Starlight.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con vistas ao Miño o concello de Chantada dispón dos miradoiros Terra Branca, Líncora, Sobre Cabo do Mundo e Sernande. Estes dous últimos contan con estruturas de madeira que foron danadas co paso do tempo polo que desde a concellaría de Turismo estase investindo na mellora das instalacións.

A brigada de parques e xardíns vén de comezar coas obras no miradoiro de Sernande desde o que se pode divisar a illa da Maiorga e a aldea da Míllara cos seus viñedos. Aproveitarase o cambio das estruturas de madeira para modificar a estética da instalación, facendo unhas varandas e bancos máis modernos, seguros e acordes coa contorna.

Posteriormente actuarase no miradoiro Sobre Cabo do Mundo que ofrece unha espectacular panorámica da zona de ribeira desde este icónico enclave. O persoal de parques e xardíns desenvolve ademais durante todo o ano labores de desbroce e mantemento nos miradoiros para a súa conservación.

Despois destas obras que veñen de comezar, a concellaría de Turismo de Chantada prepara a reforma integral do miradoiro de Líncora. A previsión é desenvolver neste ano unha completa mellora deste espazo localizado entre viñedos desde o que se contemplan os codos de Belesar e unha ampla zona da ribeira.

Miradoiro Sernande melloras / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

O BNG de Monforte leva a pleno a recuperación da muralla medieval e do mercado gandeiro

A formación nacionalista lembra que a muralla constitúe un dos elementos patrimoniais máis relevantes...

Comeza o pase de primavera do ‘Vendaval’, mostra de cinema portugués na Ribeira Sacra

O Vendaval desta edición de primavera 2026, estenderá o seu programa dende o 23 ao...

Castro Caldelas acolle a ‘VIII Spain Backyard Ultra’

Esta fin de semana, o tempo deterase en Castro de Caldelas para enxalzar o...

Graduación do alumnado de 2º de BAC do IES A Pinguela

A exalumna de Humanidades Sandra Piñeiro Pedreira, premio extraordinario de Licenciatura en Historia e...