HomePolíticaCourel Vivo denuncia ante o Valedor do Pobo a precaria situación médica...

Courel Vivo denuncia ante o Valedor do Pobo a precaria situación médica do concello

A problemática xa fora trasladada no seu día ao Defensor del Pueblo, que pechara o expediente despois de que a Xunta afirmase que a plantilla médica estaba cuberta. Agora aseguran que no centro médico de Seoane do Courel "non sacaron a praza para ter un médico fixo, e só hai médico tres días á semana e apenas catros horas ao día; unha cobertura claramente insuficiente para un concello de montaña, disperso, avellentado e afastado do hospital de referencia".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Lembran que os días que non hai médico en Seoane, o centro médico máis próximo dista una hora ou máis de moitos núcleos de poboación, “Afastados do hospital e afastados de calquera atención médica. Esa é a situación real que se vive a diario no Courel”. Caurel Vivo alerta de que a situación se agravará máis durante o periodo vacacional do verán, chegando a duplicarse a poboación no concello.

Presentan tamén unha segunda queixa ante o Valedor por ser Folgoso do Courel o único concello da área sanitaria sen servizo HADO, malia ser precisamente o máis distante do hospital. E reclaman explicacións á Consellería de Sanidade e unha solución estable que garanta unha atención sanitaria digna e en igualdade de condicións coa do resto de concellos. “O Courel non pode seguir sendo tratado como un territorio de segunda”, conclúen.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...