HomesociedadeDe Vacas, Beret, Ráfaga, Miss Cafeína e Marlon actuarán nas Patronais de...

De Vacas, Beret, Ráfaga, Miss Cafeína e Marlon actuarán nas Patronais de Monforte

Nos concertos da noite actuarán tamén os grupos locais Doc Mago´s e Malenne e o 16 de agosto serán as actuacións da orquestra Panorama e o Grupo de América de Vigo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, e a concelleira de Cultura, Marina Doutón, presentou a programación musical das Festas Patronais 2026, que se celebrarán entre o 11 e o 16 de agosto. As Festas contarán con seis grandes concertos principais, o primeiro na Praza de España o día do pregón, e o resto na Explanada da Compañía. Estes últimos reforzados coas actuacións de orquestras ou bandas locais que ampliarán a programación nocturna ata a madrugada con sesións antes e despois dos concertos principais. De tal xeito que o horario musical con carácter xeral comezará en torno ás 22.30-23.00 horas para rematar entre as 3.30 e as 4.30 horas.  

A programación comezará o martes, 11 de agosto tralo pregón das Festas coa actuación de De Vacas, coñecido cuarteto que destaca polas súas versións en galego de grandes éxitos internacionais. O concerto celebrarase na Praza de España, ás 22.30 horas.  

A noite do mércores estará encabezada por unha das bandas arxentinas máis recoñecidas internacionalmente, Ráfaga, autora de éxitos como “Mentirosa”, “Una cerveza” ou “Muero de frío”. A actuación será ás 00.00 horas. Nesa xornada a orquestra Olympus ofrecerá dous pases. Un de 23.00 a 00.00 horas, e outro, máis extenso, de 1.30 a 3.30 horas.

O xoxes, 13 de agosto, chega a quenda dunha das bandas máis representativas do pop alternativo español actual e un dos nomes imprescindibles nos principais festivais e grandes escenarios nacionais, Miss Cafeína. O concerto será ás 12 da noite, na Explanada da Compañía. A orquestra Acordes ofrecerá dous pases. Un de 23.00 a 00.00 horas, e outro de dúas horas, de 1.30 a 3.30 horas.

O concerto principal do día 14 corresponde a esta banda asturiana, Marlon, considerada un dos grandes referentes do pop-rock nacional. Ademais, neste 2026 veñen de iniciar unha nova etapa artística co seu álbum “Hipersensible”. A orquestra Los Españoles ofrecerá dous pases, 23.00 a 00.00 horas, e de 1.30 a 3.30 horas.

O día grande das Festas Patronais terá como protagonista a Beret, un dos artistas españois con maior proxección internacional na última década. Este concerto será ás 0.30 horas, despois da sesión de fogos artificiais de San Vicente, e finalizará en torno ás 2.00 de madrugada. A xornada grande das Festas Patronais reserva tamén protagonismo ao talento local, coa participación das bandas monfortinas: DOC MAGOO’S, de 22.30 a 00.00 horas / MALENNE, de 02.00 a 03.30 horas

O peche das Festas correrá a cargo da Orquesta Panorama e do Grupo América. A Panorama ofrecerá o primeiro pase despois dos Fogos do Río, de 00.30 a 2.30 horas, e o segundo, de 3.30 a 4.30 da madrugada. As sesiósn di Grupo América están programadas de 22.00 a 00.00 horas, e de 2.30 a 3.30 horas.

O alcalde pechou a presentación do programa de concertos das Festas Patronais destacando a calidade das actuacións, “Unha programación moi axeitada, unhas festas inclusivas e abertas a todos os públicos, principalmente ao público xove, pensadas para celebrar a identidade monfortina e para apoiar ó noso tecido económico con concertos de primeiro nivel”.

ÚLTIMAS

Hospitalizada unha menor tras caer na piscina de Monforte

Unha menor foi levada ao hospital este domingo tras ser sacada da auga nunha...

Courel Vivo denuncia ante o Valedor do Pobo a precaria situación médica do concello

Lembran que os días que non hai médico en Seoane, o centro médico máis...

Por Chantada esixe actuación municipal fronte aos proxectos de baterías Belesar I e II

Por Chantada – Interior Galego Vivo defenderá no Pleno ordinario do próximo 28 de...

“Risas con perspectiva feminista” en Sarria

O Concello de Sarria acollerá este domingo 24 de maio un espectáculo de humor titulado “Risas con...