HomeMedio ambiente e PatrimonioO Museo Etnográfico de Quiroga amplía o espazo "tecnolóxico" con novas pezas

O Museo Etnográfico de Quiroga amplía o espazo “tecnolóxico” con novas pezas

O Museo Etnográfico do Concello de Quiroga conta na actualidade cunha colección composta por algo máis de 1.600 referencias relacionados cos produtos típicos: viño, aceite, mel e castaña; materiais indispensables para a vida ao longo do tempo: madeira, pedra, ferro e tecidos; ademais da agricultura, a gandaría, a lareira ou a escola tradicional. A esas pezas véñense incorporando curiosidades da Revolución Industrial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Museo conta desde hai anos coa imprenta do emblemático establecemento El Derroche, con todos os seus accesorios e mobiliario. A ese espazo máis tecnolóxico agora incorpóranse curiosidades grazas á colaboración das veciñas e veciños do territorio. Novas tecnoloxías que facilitaban a vida no rural e que se foron incorporando ao día a día.

  • Aceiteira antiga ou engraxadora industrial manual de pico largo, marca Norte: Utilizábase en talleres mecánicos, fábricas, ferrocarrís ou barcos para lubricar pezas de maquinaria pesada. Posúe un pico longo e estreito que permitía chegar a zonas profundas, engrenaxes internas ou puntos de difícil acceso sen derramar o líquido. O seu corpo adoita ser de ferro ou chapa metálica cun deseño ovalado. Conta cunha asa traseira para suxeitala e cunha abertura superior (ou tapón) que servía para encher o depósito de aceite. A presenza da marca serve para coñecer que a aceiteira era da Compañía de los Caminos de Hierro del Norte de España, que no 1.941 pasou a denominarse RENFE, polo tanto esta ferramenta foi fabricada entre 1.900 e 1.941.
  • Torno de reloxeiro antigo, unha ferramenta de alta precisión utilizada principalmente durante o século XIX e principios do século XX para fabricar e reparar pezas diminutas de reloxaría ou xoiería.
  • Pechadora de latas manual antiga fabricada pola emblemática marca Somme de Bilbao. A empresa vasca JK Somme foi fundada en 1905 e converteuse nun referente mundial na fabricación de maquinaria para a industria conserveira.
  • Na antiga forxa tamén se vén de incorporar un soplete antigo de gasolina ou queroseno, fabricado en latón, cobre e ferro. O modelo específico do MEQ correspóndese cun clásico soplete sueco da prestixiosa marca Max Sievert (Estocolmo), que data de mediados do século XX.

Novas pezas Museo Etnográfico / Concello de Quiroga

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...