HomeEconomíaXeou!, diversificando a economía rural con axudas para actividades non agrícolas

Xeou!, diversificando a economía rural con axudas para actividades non agrícolas

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, visitou este mércores as instalacións de SAT Seixas. A empresa de Taboada é unha das beneficiarias das axudas da convocatoria 2026 para actividades non agrícolas, cuxa resolución se publicará no Diario Oficial de Galicia o vindeiro 3 de xuño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A conselleira do Medio Rural destacou que 41 proxectos se benefician desta liña de achegas, cun investimento de 2,1 millóns de euros, para favorecer a diversificación económica do rural e a fixación de poboación. A empresa de Taboada conta cunha achega de case 50.000 euros para a adquisición de maquinaria de maior capacidade e rendemento, integrándoa no proceso produtivo do obradoiro de xeado artesán que comercializan baixo o nome de Xeou!. Neste sentido, puxo en valor que esta empresa é un exemplo de aposta pola transformación e por xerar valor engadido no sector lácteo.

Ao mesmo tempo, salientou que a través destas axudas para actividades non agrícolas, as empresas beneficiarias están consolidando 474 postos de traballo e comprometendo a creación de 39 novos. Na última década estas axudas beneficiaron a preto de 550 empresas galegas, cunha achega de máis de 23 millóns de euros. Así, engadiu que isto permitiu crear case 500 empregos e consolidar máis de 4.320 postos de traballo na nosa comunidade.

As axudas están dirixidas a pequenas empresas situadas en zonas rurais e a persoas físicas que residan nestas contornas, e financian proxectos que contribúen ao desenvolvemento de actividades en ámbitos como a produción de bens e materiais, a transformación e comercialización de produtos agrarios ou a prestación de servizos, entre outros.

SAT Seixas

A empresa SAT Seixas está localizada no concello de Taboada cunha gandaría propia que apostou pola diversificación e posta en valor da súa produción láctea a través do xeado artesán, Xeou!. Ademais, está adherida ao selo da Consellería do Medio Rural de Artesanía Alimentaria, sendo exemplo dun traballo que fan desde o coidado e de xeito totalmente artesanal.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...