HomesociedadePrimavera de portas abertas na Ruta do Viño da Ribeira Sacra do...

Primavera de portas abertas na Ruta do Viño da Ribeira Sacra do 29 ao 31 de maio

A Ribeira Sacra acollerá esta fin de semana un amplo programa de actividades no marco da Primavera de Portas Abertas nas Rutas dos Viños, impulsada pola Xunta a través da Axencia de Turismo de Galicia. O calendario abrangue dende mañá, venres 29 de maio, ata o domingo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias; o presidente do Consello Regulador da DO Ribeira Sacra, Antonio Lombardía; e o presidente da Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Luis Fernández Guitián, presentaron este xoves a nova edición desta iniciativa, que congrega cada ano a multitude de persoas atraídas pola cultura vitivinícola da zona.

En total participan 12 adegas, que ofrecen visitas guiadas e catas nas súas instalacións. Tamén sairán os buses do viño dende as principais cidades galegas, cunha ruta que inclúe paradas en adegas, museos, miradoiros e lugares destacados do patrimonio natural e monumental da contorna.

A maiores, desenvolveranse unha ducia de actividades e experiencias paralelas. Entre as propostas figura un paseo polas viñas de Adegas Moure; unha visita a Proendos (Sober); percorridos en barca; un itinerario teatralizado por Monforte de Lemos; un concerto de jazz e cata no embarcadoiro dos Chancís (Sober); un obradoiro de cerámica no centro social de Doade; unha ruta polo patrimonio románico do Saviñao con final no miradoiro do Cabo do Mundo; unha saída en segway; e visitas guiadas ao Centro de Interpretación do Viño da Ribeira Sacra, o Ecomuseo de Arxeriz e o Museo Etnográfico de Quiroga.

Na web https://promocion.rutadelvinoribeirasacra.org/ poden consultarse todos os detalles da iniciativa, inscribirse en liña nalgunhas actividades ou, noutros casos, informarse dos teléfonos ou enderezos aos que dirixirse para reservar praza. No caso dos buses do viño, xa se cubriron todas as localidades dispoñibles.

Arias destacou tamén que nas redes sociais de Turismo de Galicia se sortearán 15 premios entre os participantes na campaña, tres por cada Ruta do Viño. O premio consistirá nunha fin de semana para dúas persoas, que inclúe o aloxamento na noite dun sábado e a comida do domingo nalgún dos establecementos asociados á campaña.

ÚLTIMAS

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...