As solicitudes deben presentarse antes deste 29 de novembro na Casa da Cultura ou na sede electrónica do Concello de Pantón, xunto coa seguinte documentación:
Modelo de solicitude debidamente cumprimentada (impreso descargable na sede electrónica)
Memoria con fotos do produto que se vai a vender.
Fotocopia do DNI.
Fotocopia de estar de alta no imposto de actividades económicas
Os postos que estean admitidos serán comunicados a través do correo electrónico indicado na solicitude e publicados no taboleiro de anuncios do concello.
As bases da convocatoria para inscrición, admisión e selección de postos están publicadas na sede electrónica do Concello de Pantón.

