HomeEconomíaOs orzamentos municipais do Incio para 2027 ascenden a 2.397.369€

Os orzamentos municipais do Incio para 2027 ascenden a 2.397.369€

O Concello do Incio aprobou no pleno deste venres os Orzamentos municipais para 2027, que ascenden a 2.397.369 euros, cifra similar a das contas do presente exercicio. Se ben, o importe final se verá incrementado en 2027 cando se concreten proxectos comprometidos por outras administracións, como a Deputación ou a Xunta.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As contas recollen unha partida de 201.000 euros para a pavimentación de accesos aos núcleos de Laiosa, O Souto e Castelo, con cargo ao Plan Deputación, 229.000 euros para a rehabilitación de vivendas de titularidade municipal, preto de 34.000 euros para obras de reposición e preto de 14.000 euros para o Plan Camiña Rural. Todas estas actuacións supoñen un investimento de 792.307 euros.

O Goberno local reserva unha achega de 3.000 euros para os gastos de funcionamento do club de fútbol local, o club Terra Brava, ao tempo que contempla axudas para os festivais musicais e culturais da vila, como o Tremeterra e o Terra Brava.

O Orzamento saíu adiante coa voto a favor do equipo de Goberno e a abstención do Grupo Municipal do PSOE. O alcalde, Héctor Corujo, salienta o “realismo” dunhas contas nas que destacan os recursos que se destinan a servizos sociais e a obras, entre elas á rehabilitación da Casona, para a que se prevé un investimento de 300.000 euros, que vai permitir rehabilitala tras anos de abandono.

ÚLTIMAS

Derradeiros días para inscribirse no Mercado de Nadal de Pantón

As solicitudes deben presentarse antes deste 29 de novembro na Casa da Cultura ou...

Segredos de Pantón organiza unha andaina cultural

A asociación cultural Segredos de Pantón anuncia unha nova actividade para comezos de decembro....

Ata o 30 de novembro pódese participar no Gran Sorteo do Pequeno Comercio de Lugo

A campaña desenvólve ata o 30 de novembro, polo que a cidadanía aínda está...

Por Chantada reclama garantías sobre a calidade da auga de consumo

Por Chantada vén realizando distintas xestións para coñecer con maior precisión a situación da...