O encontro de artesáns da aldea de Vilamor, no Concello de Folgoso do Courel, alcanza a súa decimoterceira edición esta fin de semana estando dedicado ao artesán Urbano Arza, coñecido como ‘O Nino’.
Ás 9:00 h será a recepción dos artesáns, e ás 11:00 h darase apertura á feira estando amenizada esta polo grupo tradicional ‘O Ventosiño’ que chega das Terras de Lemos. Esta formación musical chega financiada pola Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo a través do seu programa Tradigalu que ten como obxectivo conservar e fomentar a música tradicional na provincia.
Ás 14:00 h terá lugar o pregón a cargo de Mercedes Vázquez Saavedra, escritora, reporteira e viaxeira.
Xa pola tarde, ás 17:00 h será a homenaxe ao artesán local Urbano Arza, e despois haberá baile ás 18:00 h co grupo Courel-Lóuzara ata as 20h cando se pechen os postos participantes. Como fin de festa, ás 21:00h farase unha foliada aberta a quen queira participar.
Durantes toda a xornada haberá demostración de artesanía do ferro e de tear, e tamén posto de churrasco e polbo.

