HomePolíticaO PP de Monforte denuncia que o concello queira gastar 5M€ na...

O PP de Monforte denuncia que o concello queira gastar 5M€ na praia fluvial de Ribas Altas cando a auga non é apta para o baño

O PP de Monforte amosa a súa profunda preocupación pola “deriva” que está a amosar o alcalde, José Tomé, preocupación que se incrementa tras as declaracións do rexedor en relación ao proxecto da praia fluvial de Ribas Altas, unha promesa electoral valorada en cinco millóns de euros “da que lle dá igual que a auga sexa apta para o baño ou non”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira popular, Katy Varela, recorda que, un ano máis, as augas de Ribas Altas non son aptas para o baño, algo que admitiu o propio alcalde, que a zona non conta coa autorización sanitaria “algo que dixo non vai frear os seus plans urbanísticos”.

Para Katy Varela “esta situación é inadmisible,” moito más despois de que o alcaldes afirmase que “se fala da praia fluvial, pódese facer igual a dotación aínda que non estea autorizada a zona de baño, xa que funcionaría como área recreativa e que cada un que se bañe se quere”.

“É incrible e de unha gravidade extrema que o goberno local estea disposto a dilapidar cinco millóns de euros de diñeiro público nunha dotación onde a xente non se pode bañar de forma segura”, criticou.

Denuncia Katy Varela que o problema é que “de nada vale ter unha cafetería, area e un aparcadoiro para miles de persoas se o elemento principal, que é a auga, supón un risco para a saúde”.

Dende o Grupo Municipal Popular lembran que o problema de saneamento que arrastra Monforte é “un segredo a voces” e acusan o alcalde de “non facer absolutamente nada por solucionalo nestes anos”.

ÚLTIMAS

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...