HomesociedadeOlga Iglesias, alcaldesa de Triacastela, nova presidenta da AMCS

Olga Iglesias, alcaldesa de Triacastela, nova presidenta da AMCS

A Asociación de Municipios do Camiño de Santiago (AMCS) celebrou o 29 de maio no Salón da Alhóndiga de Santo Domingo da Calzada a súa XI Asemblea Xeral, coa participación de alcaldes e representantes municipais das comunidades autónomas polas que discorre o Camiño de Santiago Francés: Aragón, Navarra, A Rioxa, Castela e León e Galicia

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Un dos principais acordos da Asemblea foi a renovación da Xunta Directiva da AMCS e a proclamación de María Olga Iglesias Fontal, alcaldesa de Triacastela, como nova presidenta da Asociación. A nova Xunta Directiva incorpora representación territorial das cinco comunidades autónomas do Camiño Francés e estará integrada, entre outros cargos, por Cristina Ayala Santamaría, alcaldesa de Burgos, como vicepresidenta primeira; Mario Córdoba Martins, alcalde de Undués de Lerda, como vicepresidente segundo; Yolanda González García, alcaldesa de Viana, que repetirá como secretaria; e Ricardo Velasco García, alcalde de Ventosa, como tesoureiro.

Olga Iglesias agradeceu a confianza da Asemblea e expresou a súa vontade de dar continuidade ao traballo desenvolvido nos últimos anos, reforzando a cooperación entre municipios e o papel da AMCS como entidade de referencia na xestión, promoción e defensa do Camiño de Santiago Francés.

Balance de proxectos e Camiño cara ao Ano Santo 2027

Durante a Asemblea, a AMCS fixo balance dos principais proxectos do último ano, con especial atención a aquelas iniciativas que permiten coñecer mellor o impacto real do Camino nos municipios. Neste ámbito destacan os estudos de sostibilidade económica, social e medio ambiental do Camiño Francés, elaborados no marco do proxecto impulsado coa Secretaría de Estado de Turismo, e o estudo de impacto cultural de Huellas y Estrellas, centrado no papel do Camiño como Patrimonio Mundial, espazo de identidade e ferramenta de cohesión territorial.

Asemblea xeral AMCS / Concello de Triacastela

Entre os traballos en marcha atópase ULTREIA SUDOE, proxecto europeo orientado a activar os recursos culturais e naturais dos Camiños de Santiago no espazo do suroeste europeo, con especial atención ás “Paradas do Camiño”, a accesibilidade e a innovación. Tamén se destacou o POCTEFA: Volver ao Camiño, unha iniciativa de cooperación transfronteiriza centrada na revitalización da histórica Vía de Arles e a súa conexión co Camiño Francés a través do corredor pirenaico de Somport, reforzando a colaboración entre territorios de Francia, Aragón e Navarra. Outro dos proxectos estratéxicos é Huellas y Estrellas, que aborda o Camiño Francés como Patrimonio Mundial e como motor de revitalización rural, mediante estudos, actividades culturais e propostas dirixidas a reforzar o papel do patrimonio como elemento de cohesión territorial. A AMCS impulsa así mesmo Trazas Vivas, a iniciativa conta con cinco artistas de recoñecida traxectoria, que desenvolven intervencións implicando á poboación local en procesos artísticos vinculados ao territorio e cos valores patrimoniais, culturais e humanos do Camino de Santiago.

No ámbito internacional, a Asociación continúa traballando en CAMICE, iniciativa que conecta o Camiño de Santiago de Bohemia Oriental, na República Checa, co Camiño Francés en España, fortalecendo a cooperación europea e o intercambio de experiencias entre territorios xacobeos. A entidade mantén así mesmo a súa aposta pola mocidade a través do programa de University Walking Community, que promove o voluntariado universitario, a formación, a sensibilización patrimonial e o compromiso dos mozos co coidado e a conservación do Camino de Santiago.

A Asemblea serviu tamén para presentar as liñas xerais da estratexia de actuación 2026-2027, esta nova fase estará orientada a reforzar a atención aos municipios socios, impulsar a captación de recursos, fortalecer a cooperación territorial e preparar o posicionamento institucional da AMCS ante o Ano Santo Xacobeo 2027.

ÚLTIMAS

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...

O alumnado de Bóveda transfórmase en axentes ambientais na Semana do Medio Ambiente

Como parte da actividade desenvolta este xoves, alumnos e alumnas convertéronse en axentes ambientais...