HomesociedadeO delegado do Goberno recibe na Coruña á Asociación de Empresas Ribeira...

O delegado do Goberno recibe na Coruña á Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next

O delegado salientou a acción do Goberno de España para que a Ribeira Sacra sexa declarada como lugar Patrimonio Mundial da UNESCO e puxo en valor o labor da entidade que estivo representada nesta visita polo seu presidente, Severino Rodríguez.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, recibiu esta semana á Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next, entidade á que representou na reunión o seu presidente, Severino Rodríguez.

O encontro, para crear vías de comunicación e de colaboración, tivo lugar na sede da Delegación do Goberno en Coruña. O delegado salientou a acción do Goberno de España para que a Ribeira Sacra sexa declarada como lugar Patrimonio Mundial da UNESCO. Obxectivo este no que o Estado leva traballando durante anos, avanzando en cada un dos procesos necesarios con lealdade e colaboración institucional “sempre coa idea de dinamizar a riqueza e o patrimonio da Ribeira Sacra como a nosa meta”, subliñou Blanco ao tempo que lembrou que o Ministerio de Cultura segue avanzando con este fin, “con rigor e sen descanso, evidenciando o compromiso do Goberno”.

Pedro Blanco recoñeceu o traballo de entidades como a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next para que as accións do Goberno cheguen ao territorio e á cidadanía, impulsando sectores estratéxicos para toda Galicia que son referencia nesta comarca e dotándoa de novas oportunidades. E tamén lles agradeceu o seu labor animándoos a seguir amosando todas as potencialidades turísticas, vitivinícolas, patrimoniais e culturais que ten o territorio e a súa contorna.

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...