Homesociedade20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

No obradoiro impártense os módulos de 'Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes' – con 14 alumnos e alumnas - e 'Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización' – 6 inscritos -.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos II, promovido polo Concello de Láncara asociado cos de Paradela e Samos.

Estas iniciativas proporcionan formación teórica e práctica e experiencia profesional á vintena de persoas desempregadas participantes que ao longo de 9 meses desenvolven un traballo efectivo en beneficio dos respectivos concellos. Así o obradoiro mellorará diferentes espazos públicos dos tres municipios.

No que respecta a Láncara, centrarase no acondicionamento do paseo do ferrocarril. En Paradela actuarán nos miradoiros Adega dos Penegos, Cabo de Vila e Santa Marta, así como nos exteriores do colexio público e na parcela do mercado. En Samos está previsto mellorar beirarrúas no casco urbano e no núcleo de Castroncán para fomentar a accesibilidade; ademais de actuar en dúas fontes e acometer labores de mantemento no colexio do concello.

ÚLTIMAS

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

O alumnado de Bóveda transfórmase en axentes ambientais na Semana do Medio Ambiente

Como parte da actividade desenvolta este xoves, alumnos e alumnas convertéronse en axentes ambientais...

Homenaxe aos 40 anos de Mans Unidas en San Clodio este 6 de xuño

Desde o concello de Ribas de Sil quere destacarse o traballo destas mulleres que...