HomesociedadeChantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

O Concello de Chantada regresa un ano máis a Silleda para participar ata o 7 de xuño en TUREXPO e FESTUR, no marco da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, o principal evento multisectorial de mostras, negocio e lecer do noroeste peninsular.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro do turismo e da cultura de Galicia coa celebración de TUREXPO e FESTUR, a Feira de Festas de Interese Turístico de Galicia. O Concello de Chantada está presente en Silleda cun espazo propio para dar a coñecer algúns dos seus principais recursos turísticos e patrimoniais. Entre eles destaca o Folión de Carros, unha das manifestacións culturais máis singulares do municipio, recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia e Ben de Interese Cultural.

A promoción turística complétase con información sobre o Camiño de Inverno a Santiago, itinerario xacobeo que atravesa o municipio, de feito desde aquí fanse os quilómetros necesarios para conseguir a Compostela; o Entroido Ribeirao, unha das celebracións máis auténticas e características do territorio ou a Feira do Viño de Chantada que cada ano abre as Feiras do Viño na D.O. Ribeira Sacra.

Ademais da riqueza paisaxística, cultural e gastronómica, parte fundamental da información turística do Concello de Chantada é a súa condición de Municipio Starlight en espazos como o Monte do Faro ou a ribeira onde a calidade do ceo nocturno ofrece unhas posibilidades óptimas para a observación astronómica. En Festur, Chantada lembra aos visitantes que o 12 de agosto despois da eclipse solar total, desde o miradoiro natural no Monte do Faro pódense ver as Perseidas.

Caseta turismo Chantada en Festur 2026 / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...

O alumnado de Bóveda transfórmase en axentes ambientais na Semana do Medio Ambiente

Como parte da actividade desenvolta este xoves, alumnos e alumnas convertéronse en axentes ambientais...

Homenaxe aos 40 anos de Mans Unidas en San Clodio este 6 de xuño

Desde o concello de Ribas de Sil quere destacarse o traballo destas mulleres que...