HomesociedadeOs Lactouros presumen de 'navalla micolóxica personalizada'

Os Lactouros presumen de ‘navalla micolóxica personalizada’

Foron elaboradas artesanalmente por un taller especializado de Taramundi para as socias e socios da entidade. Trátase, ademais, dunha peza especialmente deseñada para a práctica micolóxica que ten un cepillo integrado e unha folla curva de punta redondeada.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A Asociación Micolóxica Os Lactouros vén de presentar unha edición especial de navallas micolóxicas artesanais feitas por encargo nun taller de Taramundi, vila asturiana coñecida pola súa tradición coiteleira. Son para socias e socios da entidade en exclusiva e iranse entregando nos vindeiros días.

Trátase dunha peza especialmente deseñada para a práctica micolóxica que incorpora folla curva de punta redondeada e un cepillo integrado, elementos característicos das navallas empregadas para a recolección responsable e a limpeza básica dos cogomelos no propio monte.

Dende a entidade micolóxica monfortina afirman que esta iniciativa “reforza os lazos entre dous territorios unidos pola tradición, o monte e os oficios artesáns: a comarca de Lemos e Taramundi, e pon en valor os oficios tradicionais, o traballo artesanal, ademais de ofrecer ás persoas socias un elemento útil e simbólico vinculado á súa afección”

Os Lactouros agradecen a colaboración e a boa disposición do taller de Taramundi que fixo posible esta edición especial, convertendo cada peza nun pequeno exemplo do saber facer artesanal que caracteriza a esta histórica localidade asturiana. “A micoloxía non é só unha actividade relacionada coa natureza, senón tamén coa cultura, a tradición e o respecto polo territorio. Estas navallas representan perfectamente esa filosofía”, sinalan tamén dende a directiva.

ÚLTIMAS

O BNG solicita revisar a autorización de Patrimonio para a nova ponte do Cabe

Segundo explicou o deputado do BNG, Iago Suárez Fernández, o proxecto previsto suporía unha...

O delegado do Goberno recibe na Coruña á Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, recibiu esta semana á Asociación de...

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...