HomeEconomía63 ideas no XII Concurso de Proxectos Empresariais de Semente

63 ideas no XII Concurso de Proxectos Empresariais de Semente

Das persoas que se inscribiron nesta edición a maioría son de Galicia, repartidas por todo o territorio, cun especial protagonismo da provincia de Ourense. Chegou tamén algunha candidatura de España e do estranxeiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A XII edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra xa pechou o prazo de inscricion de ideas para esta convocatoria. As persoas participantes nesta edición tiñan de prazo do 16 de marzo ao 31 de maio. Inscribíronse 82 persoas das que 63 completaron a inscrición da súa idea.

Recibíronse propostas moi diversas que van desde proxectos educativos, tecnoloxía aplicada ás viñas, utilización de drons para o traballo agrícola, plataformas para aloxamentos ata proxectos musicais e de rehabilitación. Pasando por ideas vinculadas á gastronomía, terapias de benestar, artesanía, bebidas, cosméticos, ou laboratorios de memoria rural.

O xurado analizará estas propostas e o  27 de xullo dará a coñecer o nome das dez ideas finalistas (máis 3 de reserva ás que se recorrerá en caso de que algunha se retire antes do 31 de agosto) que considere de maior interese conforme aos obxectivos do concurso.

As ideas seleccionadas presentarán entre o 1 de agosto e o 30 de setembro do 2026, o proxecto rematado, achegando arquivos PDF mediante formulario na intranet de concursantes da web www.sementeribeirasacra.org.

Unha vez presentada a documentación, o xurado convocará aos finalistas para a exposición e defensa do seu proxecto, na xornada de mañá do día 7 de novembro, no Parador de Turismo de Monforte. Pola noite durante a cea de clausura, tamén no Parador, celebrarase a entrega de premios desta XII edición.

  • 1º Premio – 10.000 €
  • 2º Premio –   6.000 €
  • 3º Premio –   4.000 €
  • A persoa que inscribiu o proxecto gañador desta edición poderá acceder á realización do Executive MBA de Ef Business School na Coruña. Un programa 100% presencial, que se desenvolve entre outubro e xuño e que está orientado á dirección e o liderado empresarial. En caso de que a persoa inscrita renuncie a este premio, pasará ao segundo clasificado e así sucesivamente ata chegar á persoa interesada en participar de entre os 10 finalistas. (Fundación Venancio Salcines)
  • Plan de Formación para os 10 proxectos que se presenten á final e manifestaran, antes do 10 de novembro de 2026, o seu interese en participar no plan formativo que se desenvolvería no primeiro semestre do 2027. (AGADER)

A XII edición do Concurso de Proxectos Semente Ribeira Sacra conta co patrocinio das seguintes institucións: Xunta de Galicia, Consellería do Medio Rural, AGADER, Vicepresidencia Deputación Provincial de Lugo (área Rural), Deputación Provincial de Ourense, Concello de Sober, Concello A Pobra do Brollón, Concello de Pantón, Concello do Saviñao, Concello de Bóveda.

As empresas patrocinadoras son: Barbosa e Hijos, CT Galega, Hijos de Rivera S.A., Gadisa, Inveravante, Dimaga, Daveiga Produción Responsable, Sicyme, Dalia Sistemas e Notaría de Sarria.

Contando coa colaboración de: Universidade de Santiago, Universidade da Coruña, Universidade de Vigo, Escuela de Organización Industrial, Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC, Fundación Venancio Salcines e o Parador de Turismo de Monforte.

ÚLTIMAS

O delegado do Goberno en Galicia destaca en Sarria o funcionamento da campaña “Non Camiñas Soa”

A campaña lévase a cabo desde o ano 2021 para reforzar a protección das...

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...

Intensa actividade promocional da D.O. Ribeira Sacra

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra impulsa este mes de xuño unha destacada...

“Non me gusta o fútbol moderno e non me gusta o VAR!”, ‘Chura’, exadestrador do C.D. Brollón

Juan Carlos Gallardo Martínez, coñecido popularmente como ‘Chura’, rematou a tempada como adestrador do...