HomeCulturaFestival Fin de Curso da Escola Municipal de Danza de Monforte

Festival Fin de Curso da Escola Municipal de Danza de Monforte

A cita tivo lugar este domingo no auditorio do Edificio Multiusos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As alumnas do centro ofreceron unha demostración do traballo realizado durante o curso nas especialidades de ballet clásico e danza contemporánea, mostrando os coñecementos adquiridos tanto na parte técnica como en coreografía. No recital participaron tamén como invitadas alumnas da Escola de Danza Centro Coppelia de Ourense con pezas de ballet clásico, danza contemporánea, flamenco, oriental, bailes urbanos, Brodway e latinos.

O público desfrutou dun evento moi completo e animado que percorreu diferentes disciplinas. As representantes do Equipo de Goberno felicitaron ao alumnado e ao profesorado polo esforzo e o traballo realizado durante o curso.

Acudiron ao Festival, a Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e as Concelleiras de Cultura, Marina Doutón, e Muller, Igualdade e Consumo, Regina López.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...