HomePolíticaO PP acompaña á veciñanza afectada polo estado da estrada provincial LU-P-4707...

O PP acompaña á veciñanza afectada polo estado da estrada provincial LU-P-4707 na Pobra do Brollón

Aseguran os afectados que a estrada provincial LU-P-4707 ao seu paso pola Pobra do Brollón leva anos nun estado “intransitable” dificultando o acceso ás vivendas dos veciños e veciñas dos lugares de Saa, Lebrón, Teixeira, Covadelas, Forgas e A Veneira de Roques "padecendo a diario picadas nas rodas ou outros danos nos seus vehículos".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os populares consideran “inconcibible” esta situación polo que se suman ás reivindicacións dos veciños para esixir ao goberno de PSOE e BNG na Deputación de Lugo unha data concreta para o arranxo da totalidade desta vía e garantir a seguridade dos usuarios e favorecer o acceso ás vivendas nunhas condicións dignas. Así, avanzan que trasladarán esta cuestión ao vindeiro Pleno provincial requirindo ao goberno de PSOE e BNG “aclarar en que condicións e que materiais se empregarán para o seu arranxo”.

O portavoz provincial, Antonio Ameijide, comprobou acompañado polo portavoz do PP local, Teddy López, representantes das comunidades de montes e veciños afectados o estado de “abandono no que se atopa a vía de titularidade provincial chea de buratos, grava e pedras que impiden circular con normalidade aos vehículos”.

Os propios veciños teñen presentado de xeito formal ante a institución provincial numerosas reclamacións. Antonio Ameijide asegura que “nada cambiou na Deputación de Lugo, a nova presidenta continúa a desatender as necesidades que presentan as vías de competencia da Deputación despois de anos sen ningún tipo de mantemento nin intervención”. Neste caso, cun grande deterioro derivado do paso habitual de vehículos de gran tonelaxe.

O portavoz do PP local, Teddy López, pregúntase se o alcalde fixo algunha xestión para que o goberno provincial de PSOE e BNG acondicione as distintas estradas da Deputación en mal estado ao seu paso polo municipio.

As reivindicacións dos veciños e veciñas da zona contan co apoio e solidariedade das cinco comunidades de montes en man común do municipio que forman parte da Mancomunidade de CMVMC Catro Cabaleiros unha das poucas agrupacións forestais de xestión conxunta en activo na provincia de Lugo.

ÚLTIMAS

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío...