HomesociedadeEntra en servizo a Praza da Estación de Monforte que conta con...

Entra en servizo a Praza da Estación de Monforte que conta con máis dun cento de prazas de estacionamento

O alcalde, José Tomé Roca, participou na mañá deste xoves, 18 de xuño, na apertura e posta en servizo da Praza da Estación, trala renovación integral do espazo. Esta actuación desenvolveuse de forma paralela ás obras de mellora da accesibilidade no edificio de viaxeiros e na zona de plataformas das vías do tren executadas por ADIF, unha inversión que no seu conxunto supera os 2M€, financiados con fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A renovación da Praza supón unha mellora significativa na accesibilidade ao recinto da Estación tanto para o tráfico rodado como peonil. As obras supuxeron o levantado do adoquinado existente e eliminación das fochancas, substituíndoo por asfaltado. Ampliáronse as beirarrúas e construíronse novas medianas axardinadas reordenando o conxunto. As actuacións completáronse coa renovación da rede de saneamento, reforzo e renovación da iluminación, equipamento e sinaléctica.

Asimesmo, o alcalde adiantou que nas medianas axardinadas plantaranse árbores entre farola e farola para crear zonas de sombra. Esta actuación farase previsiblemente no mes de novembro, por ser mellor época para garantir que a plantación teña éxito.

De forma simultánea á apertura da Praza da Estación quedou habilitado tamén o tramo duns 50 metros de aparcamento na rúa Calvo Sotelo que estivo reservado para o uso dos autobuses durante as obras e, polo tanto, xa se pode aparcar nesta zona.

No caso da Praza da Estación, a reordenación dota o espazo de máis de medio cento de prazas de estacionamento ben delimitadas, incluíndo as reservadas a persoas con mobilidade reducida, taxis e zona de recarga para vehículos eléctricos, así como espazo para autobuses, carga e descarga e acceso para ambulancias.

O Alcalde, José Tomé, puxo en valor unha actuación destas dimensións: “Estamos ante unha obra moi importante que poñemos en marcha para seguir mellorando a nosa cidade con proxectos transformadores e que benefician ao conxunto da cidadanía”.

Actuacións executadas na Praza:

• Tratamento xeral da praza delimitando a zona de paso de peóns e organizando a circulación de vehículos e prazas de aparcamento.

• Inclúese un punto de recarga de vehículos eléctricos e unha zona de paradas rápidas (kiss & ride.

• Renovación dos pavimentos incluíndo beirarrúas, asfaltado e construcción de novas medianas axardinadas.

• Reforzo e renovación da iluminación.

• Rede saneamento separativa exterior na zona da praza.

• Equipamento e sinaléctica.

ÚLTIMAS

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...