HomesociedadeA A.V. do Saviñao reclama á Consellería a cobertura das 3 prazas...

A A.V. do Saviñao reclama á Consellería a cobertura das 3 prazas médicas do Centro de Saúde de Escairón

A Asociación Veciñal asegura que neste mes de xuño O Saviñao carece de médicos no centro de saúde de Escairón, "un dos tres profesionais traballa de maneira estable, mentres que os outros dous cupos médicos só están cubertos un ou dous días á semana por persoal eventual. Esta situación está a xerar indignación, xa que provoca retrasos e falta de asistencia sanitaria, co risco que isto supón para a saúde".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo o Asociación, a Xerencia argumenta que “non hai médicos, cando precisamente a súa función é buscalos, destinar fondos para novos contratos, facer oferta de emprego noutras comunidades e ata no extranxeiro, comunicarse cos Colexios Médicos doutras provincias, etc”.

Aseguran que O Saviñao nunca sufrira como agora o abandono nos coidados médicos e a privación do dereito constitucional á saúde. “A precariedade na cobertura sanitaria xa afectara gravemente aos municipios veciños de Chantada, Monforte e Pantón, e agora tócalle ao Saviñao. Esta comarca está sendo especialmente castigada dende que se centralizaran en Lugo as contratacións de persoal e a xestión sanitaria da área de Monforte”, afirman.

Xa no ano 2018 o concello do Saviñao perdera unha praza médica, o que provocara fortes protestas, como está a suceder agora, “O sistema sanitario galego fai augas e nesta zona estámolo padecendo tanto na atención primaria como na hospitalaria”.

A Asociación Veciñal do Saviñao esixe urxentemente da Consellería, como máxima responsable da xestión sanitaria, a cobertura estable e continuada de todas as prazas médicas no centro de saúde de Escairón ata que as ocupe o persoal definitivo e lembran que, “no noso municipio coa chegada das familias de emigrantes que volven ás súas casas na temporada estival, vaise duplicar a poboación, co máis que previsible caos sanitario no municipio”.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...