HomesociedadeMonforte pecha ao tráfico o Paseo do Malecón desde a madrugada do...

Monforte pecha ao tráfico o Paseo do Malecón desde a madrugada do 27 de xuño ata o 7 de xullo

O corte no tráfico de vehículos neste espazo desde o venres, está motivado polos preparativos do Festival do Viño de Ribeira Sacra de Monforte, que se celebrará do 3 ó 5 de xullo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O dispositivo de circulación previsto, que desenvolverá a Policía Local, consiste no peche do paseo do Malecón por tramos, segundo as necesidades que se precisen para os traballos de montaxe e desmonte das distintas estruturas habilitadas para os participantes e visitantes do evento. Esta decisión tómase coa intención de interromper a circulación o menor tempo posible. Con esta finalidade, poderanse diferenciar dúas actuacións distintas:

Dende a 1:00 da madrugada do sábado 27 de xuño (noite do venres ao sábado) e ata o día martes 7 de xullo ás 23:00 h, pecharase a rúa Malecón dende o inicio ata a baixada lateral do Ambulatorio, deixando libre esta, para facilitar a instalación e posterior desmonte dos stands que participan no evento.

A partir do mércores 1 de xullo desde as 8:00 h e ata o luns día 6 de xullo ás 23:00 h, permanecerá pechada ao tráfico tanto a Rúa Malecón na súa totalidade, como o tramo de baixada lateral ó Ambulatorio.

Todos os cortes estarán sinalizados, e si a execución dos traballos de desmonte finalmente fora inferior ó tempo previsto para facelos, procederase á reapertura do tráfico de forma inmediata. Dende o Concello solicítase a colaboración dos cidadáns e a súa comprensión ante as molestias que estas alteracións do tráfico poidan ocasionar.

ÚLTIMAS

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...