HomesociedadeO obradoiro de emprego Sillor XII formará a unha vintena de persoas...

O obradoiro de emprego Sillor XII formará a unha vintena de persoas no sector da construción

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración destina 459.000 euros ao obradoiro dual de emprego Sillor XII, que vén de comezar nos concellos de Folgoso do Courel, Ribas de Sil e Quiroga. Formará a 20 persoas desempregadas en actividades relacionadas coa construción, en concreto seis delas en Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización, e o resto en Pavimentos e albanelería de urbanización.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, visitou esta semana aos participantes e destacou que a iniciativa ofrece oportunidades laborais nun sector con elevada demanda de traballadores.cO alumnado é contratado por un período de nove meses, durante o cal recibe formación teórica e práctica e adquire experiencia laboral realizando obras de interese social en espazos e bens públicos.

No municipio de Folgoso do Courel van acondicionar as antigas escolas de Ferreirós de Arriba e Miraz, rehabilitarán o lavadoiro de Mercurín, instalarán a rede de rego da área recreativa de Mogoxe, construirán beirarrúas no núcleo de Folgoso e pavimentarán as rúas dos núcleos de Vilela, Visuña e A Teixeira.

En Quiroga van executar obras de acondicionamento do centro de día, reparar a beirarrúa da estrada LU-623, e mellorar a accesibilidade en Rúa Real, Río Lor e Pereiro. Igualmente, en Ribas de Sil reformarán o pavimento da Praza de Figueiredo e ampliarán a rede de subministro de auga; mellorarán os lavadoiros de San Román, en San Clodio, e A Ventosa, en Torbeo; pintarán os paramentos interiores do CEIP de San Clodio e porán en valor os mananciais do lugar de As Fontes.

Alfonso Villares explicou que nesta primeira quincena do mes puxéronse en marcha 16 obradoiros duais de emprego na provincia, e está en marcha unha segunda convocatoria de axudas para sumar novos proxectos a desenvolver no bienio 2026-2027. Conta cun orzamento de 8,2 millóns de euros e o prazo de solicitudes permanecerá aberto ata este venres, 26 de xuño.

ÚLTIMAS

“Capinurí” da cineasta monfortina, Fátima Doado, seleccionado no festival PÖFF Shorts de Estonia

A curta documental, rodada na Amazonía peruana e realizada de forma independente, competirá nunha...

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...