HomePolíticaO PP de Monforte pide que a nova vía na zona C...

O PP de Monforte pide que a nova vía na zona C se dedique á historiadora Manuela Sáez

O PP de Monforte propón que a nova rúa da zona C ao carón do parque dos Condes teña a denominación de Rúa Manuela Sáez. Trátase dunha proposta alternativas ao nomeamento inicial de rúa Cardenal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira popular, Katy Varela, lembra que a historiadora, nada en Monforte, ademais de ser pregoeira das últimas festas patronais, é moi coñecida por ser a maior experta no Condado de Lemos e, sobre todo, polo seu traballo de investigación do VII Conde de Lemos e Virrey Don Pedro Fernández de Castro Andrade y Portugal.

O Grupo Popular presenta unha segunda opción de nomeamento, “por se a primeira opción non é de consenso”, propoñen rúa das Lavandeiras. “O ano pasado celebrouse o acto do día da muller na contorna do parque dos Condes e foi en honra a estas mulleres e, ademais, hai un mural pintado rendendo homenaxe, polo que consideramos que tamén é unha boa opción”, aseguran desde o PP.

“Presentamos estas propostas porque consideramos que é necesaria maior creatividade e recoñecemento a persoas, colectivos, datas ou situacións característicos da nosa cultura, tanto local, como autonómica e estatal, no nomeamento das vías e parques novos da cidade”, conclúe Varela.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...