HomeSucesosInvestigan como homicidio a morte dunha usuaria dun centro para persoas con...

Investigan como homicidio a morte dunha usuaria dun centro para persoas con discapacidade de Bóveda

Unha usuaria dun centro para persoas con discapacidade situado en Bóveda faleceu nas últimas horas tras ser agredida por outra interna.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo fontes da Garda Civil consultadas por Europa Press, os feitos ocorreron o pasado domingo, cando supostamente unha das persoas usuarias agrediu outra, e esta última tivo que ser trasladada a un centro hospitalario.

As mesmas fontes indicaron que, nun primeiro momento, se cualificou como unha agresión entre dúas internas. Porén, finalmente a vítima faleceu no hospital, polo que se investiga como un presunto delito de homicidio. O caso xa foi trasladado á xustiza para tratar de esclarecer todo o ocorrido. 

“PESAR” NA XUNTA

Pola súa banda, a conselleira de Política Social, Fabiola García, traslada o “pesar” da Xunta polo “suceso” ocorrido na residencia. Ao respecto, a titular do departamento autonómico indica que a Xunta está “colaborando de forma permanente con todas as forzas e corpos de seguridade do Estado e coa Fiscalía, que son os encargados de esclarecer que aconteceu”. “Lamentamos profundamente este suceso”, sinala García, a preguntas dos xornalistas tras unha reunión con representantes de escolas infantís en Santiago.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...