HomesociedadeA II edición do Xanela Fest diríxese a asociacións veciñais que recibirán...

A II edición do Xanela Fest diríxese a asociacións veciñais que recibirán de premio concerto da Orquestra Cinema o 16 de outubro

Xanela presenta a segunda edición do seu festival que despois de destinarse o primeiro ano a concellos, nesta ocasión, diríxese. a asociacións veciñais. O obxectivo, "premiar o voso entusiasmo e compromiso coa comunidade cunha gran verbena da man da Orquestra Cinema. Agora tócache a ti mobilizar á veciñanza e demostrar que a túa asociación merece vivir unha noite para a historia", aseguran os promotores.

Publicado o

POR
Redacicón
- Advertisement -

Tras o éxito da primeira edición do concurso, na que o concello de Guntín foi o gran gañador, a empresa de Chantada, Xanela, repite experiencia, “Queremos seguir levando a música, a diversión e o espírito das verbenas aos recunchos do rural galego”, aseguran e nesta ocasión diríxense a asociacións veciñais.

O 16 de outubro, a Orquestra Cinema actuará no concello gañador, “queremos que a cita sexa un xeito de dar a coñecer a zona, polo que queremos organizar un minifestival con postos de cousas típicas da zona, unha visita guiada para coñecer o máis xeitoso… vai ser unha tarde/noite inesquecible”, afirman desde Xanela.

As asociacións veciñais interesadas en participar deberán inscribirse do 1 ao 15 de xullo a través do formulario dispoñible na web da empresa promotora. Todas as asociacións participantes terán presenza nas redes sociais e na páxina web de Xanela, para que o público poida coñecelas mellor e ver que rivais hai na competición.

Do 16 de xullo ao 31 de agosto será a votación entre as asociacións participantes de cada concello. Do 7 ao 13 de setembro celebrarase a segunda fase de votación, na que participarán as asociacións finalistas de cada concello para elixir á gañadora final. A asociación gañadora darase a coñecer o 16 de setembro.

Desde a organización do XanelaFest animan á participación, “Marca a data, 1 de xullo. Anótate, mobiliza á túa xente e fai que a música chegue á túa vila! Unha vez pechado o prazo de inscrición, será o momento de conseguir o apoio de toda a veciñanza mediante unha votación popular na web. É o momento de animar aos teus amigos e familia a que o voten, comparte nas túas redes o enlace para votar, repostea o que publiquemos”. O obxectivo conseguir unha verbena de balde para o 16 de outubro.

Presentación Xanela Fest 2026 con vocalista orquestra Cinema / Xanela

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...