O concello de Monforte anuncia a interrupción por uns días do servicio de piscina municipal debido á realización de traballos de
mantemento, tarefas de conservación, mellora e revisión, que permitan garantir o correcto funcionamento das instalacións e a calidade de servicio que se presta ao longo do ano.
O peche ó público producirase dende o luns día 29 ata o 3 de xullo e unicamente afecta á piscina xa que o resto de instalacións: ximnasio, vestiarios…permanecerán abertos ao público no seu horario habitual.
Os traballos previstos inclúen a revisión e posta a punto de equipos, sistemas e infraestruturas, ademais de intervencións preventivas e correctivas, incluídas labores específicas de limpeza, desinfección e revisión dos sistemas de auga das instalacións, que requiren a paralización temporal da actividade para poder desenvolverse coas máximas garantías.

