HomesociedadeMonforte renova a sinalización horizontal de máis de 70 rúas cun investimento...

Monforte renova a sinalización horizontal de máis de 70 rúas cun investimento de 40.000€

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, deu conta este luns da adxudicación dos traballos de renovación da sinalización vial horizontal en máis de 70 rúas da cidade, por un importe de 39.849,10 euros. O prazo de execución é de 45 días, desde a firma da acta de inicio

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O rexedor destaca que esta actuación “ten por obxectivo reforzar a seguridade, tanto de peóns como de vehículos que transitan polas rúas da cidade, así como a mellora permanente das infraestruturas viarias, un compromiso adquirido polo Equipo de Goberno cos monfortinos e monfortinas”.

O proxecto de mellora de renovación da sinalización vial horizontal abarca 74 rúas e zonas da cidade. En concreto, os traballos abordan o pintado de bandas de pasos de peóns, isletas, liñas de detección, reservas de usuarios, reserva de carga e descarga, así como as marcas que atinxen ao tráfico de vehículos (sinais de dirección, stop, ceda o paso, marcas brancas de liña continua/descontinua, liñas amarelas, etc.). A relación de rúas e espazos nos que se renovará a sinalización horizontal, total ou parcial, é a seguinte:

  1. VV. Valle de Lemos
  2. C/Eduardo Blanco Amor
  3. C/Rioseco
  4. C/Juan Montes
  5. C. Pardo Bazán
  6. C/Dr. López Suárez
  7. C/Ramón y Cajal
  8. C/Echegaray
  9. C/Noriega Varela
  10. C/Concepción Arenal
  11. C/Coruña
  12. C/Pontevedra
  13. C/Curros Enriquez
  14. C/Dr. Casares
  15. C/Malecón
  16. Puente Viejo
  17. C/Huertas
  18. C/San Pedro
  19. C/Carlos Casares
  20. C/Av. Cachafeiro
  21. C/Jac. Benavente
  22. C/J. Rm. Jiménez
  23. C/Zapardiel
  24. C/Florida
  25. C/Real
  26. C/Central
  27. Plaza do Piñeiro
  28. C/Estrella
  29. C/Julio Camba
  30. Plazuela de Conde
  31. C/inés de Castro
  32. Roberto Baamonde
  33. C/Otero Pedrayo
  34. C/Poeta Lois Pereiro
  35. C/M. de Cervantes
  36. Avenida de Galicia
  37. C/Celso Emilio Ferreiro
  38. C/Sarria
  39. C/Conde
  40. C/Cardenal
  41. Plaza Pte. Fontecha- glorieta
  42. C/Compañía
  43. C/Paseo de Lugo
  44. C/Dalmiro de la Valgoma
  45. C/Francisco Moure
  46. C/Reboredo
  47. C/Castelao
  48. C/Duquesa de Alba
  49. C/San Lázaro
  50. C/Carude
  51. A Pinguela
  52. C/Aceña Nova
  53. C/Rof Codina
  54. Parque da Gardería
  55. C/Orense
  56. C/Pantón
  57. C/Santiago
  58. C/Fontecha
  59. C/Tomás Vázquez
  60. C/Cobas
  61. C/Tecelanes
  62. C/Saviñao
  63. C/Roberto M. Andrade
  64. Entrada GADIS/LIDL
  65. C/Lemavos
  66. C/Carballedo-Chantada
  67. Campo S. Antonio
  68. C/Abeledos
  69. C/Manuel María
  70. C/Hnos. Dapena-Abeledos
  71. C/Corredoira
  72. Camiño das Codesas
  73. Camiño da Barxa
  74. Extremadoiro

Horario de realización dos traballos

Como norma xeral, en toda a zona centro da cidade (integrada polas rúas Roberto Baamonde, Conde, Avenida de Galicia, Inés de Castro, Praza de Abastos e a súa contorna, Cardenal, Compañía, Paseo de Lugo, Dalmiro da Valgoma, Ponte Fontecha e acceso ao estacionamento do Parque dos Condes, Hortas, Campo de San Antonio, Ourense no tramo ata ligazón con Tecelanes e Chantada completa), así como nas vías de circulación densa ou que constitúan rutas de tránsito, tanto de desprazamento interno como de entrada ou saída da cidade, a renovación da pintura efectuarase evitando os horarios de maior afluencia de tráfico. Nestos casos, os traballos realizaranse preferentemente polas tardes, e mesmo en horario nocturno, sempre e cando esta actuación sexa compatible coa normativa sobre niveis máximos de ruído. Nas zonas periféricas e vías de uso preferentemente residencial, o pintado poderase realizar en calquera horario. En todo caso, o adxudicatario seguirá as instrucións da Xefatura da Policía Local, en aras de garantir a fluidez do tráfico.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...