HomeCulturaGala de maxia solidaria o 19 de xullo en Sober para os...

Gala de maxia solidaria o 19 de xullo en Sober para os afectados polos incendios do 2025

O Concello de Sober colabora coa Asociación Magos Solidarios nunha gala de maxia solidaria en beneficio dos afectados polos incendios do ano 2025. A cita terá lugar o vindeiro 19 de xullo ás 18:00 horas no Centro Sociocultural de Sober e será de acceso libre para quen queira achegarse.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación Magos Solidarios é unha iniciativa nada tras a DANA de Valencia acontecida en novembro de 2024 e pretende levar espectáculos de maxia e ilusionismo a colectivos e municipios afectados por desastres naturais ou catástrofes. Desde o seu comezo xa teñen organizado máis de 60 galas.

O Concello de Sober será a primeira parada da xira ‘La magia que renace’ na que van actuar tres magos. Os días sucesivos percorrerá varios municipios máis de Galicia, algúns deles na provincia de Ourense e tamén en León. O alcalde, Luis Fernández Guitián, agarda que os veciños e veciñas das aldeas afectadas polo lume do ano pasado asistan á gala como unha homenaxe aos duros momentos que tiveron que vivir.

O obxectivo, tal e como explican desde a asociación, é ofrecer momentos de alivio, unión e esperanza alí onde más se necesitan. “En Magos Solidarios convertemos a maxia nun acto de xenerosidade”. A misión coa que nace a iniciativa é a de levar ilusión e esperanza aos que máis o precisan, realizando espectáculos solidarios con concellos, fundacións e outras institucións. A través da arte recadan fondos destinados a colectivos vulnerables e persoas damnificadas por catástrofes.

Desde xeito, tamén están a recadar axuda para as persoas damnificadas polos terremotos de Venezuela. As persoas interesadas en colaborar poden facelo nas propias galas a través de donativos ou da súa páxina web www.magossolidarios.com 

ÚLTIMAS

O ‘Festival do Viño da Ribeira Sacra’ consolídase como escaparate do sector vitivinícola

O pasado venres 3 de xullo comezaba no Paseo do Malecón o VIII Festival...

Segredos de Pantón anuncia os roteiros escollidos para ‘Cultiva Cultura’

Tras anunciar días atrás a súa estratexia de promoción do territorio con roteiros de...

Dous detidos por transportar MDMA, cocaína e haxix ocultas no seu vehículo no Páramo

A Garda Civil detivo a dúas persoas como presuntas autoras dun delito contra a...