HomesociedadeO Concello de Chantada reformará despois do verán a capa de rodadura...

O Concello de Chantada reformará despois do verán a capa de rodadura na Praza de Santa Ana

O Concello de Chantada acometerá a mellora da zona de tránsito de vehículos na Praza de Santa Ana. O equipo de goberno planea levantar a pedra e darlle un tratamento integral á capa de rodadura para evitar os desperfectos que provoca nesta zona o elevado tránsito de vehículos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Praza de Santa Ana é unha das arterias principais da vila do Asma e como paso obrigado de moito tránsito durante a época estival, as obras de reforma darán comezo despois do verán, “Queremos mellorar o tráfico rodado neste punto, pero durante as obras será necesario facer unha reestruturación do tráfico e cortes nas rúas que afectarían ao tránsito de vehículos cando temos moita xente en Chantada. Comezarán as obras en canto remate o verán”, explica o alcalde, Manuel Lorenzo Varela.

O zona empedrada na Praza de Santa Ana soporta diariamente moito tránsito que inclúe o paso de camións, o que provoca desperfectos na pedra aos que lles hai que dar solución cada certo tempo, “deste modo conseguiremos unha solución definitiva para esta zona”, asegura o rexedor.

Entre tanto, o Concello de Chantada retirou as baldosas que se viron afectadas nos últimos meses e deu un tratamento provisional a base de formigón, que se retirará en canto se faga a rexeneración completa desta zona.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...