HomeCulturaObradoiro de escrita creativa con Xavier Frías este 17 e 18 de...

Obradoiro de escrita creativa con Xavier Frías este 17 e 18 de xullo en Ribas de Sil

O Concello de Ribas de Sil organiza o obradoiro práctico "Os primeiros pasos na escrita creativa", unha iniciativa destinada a todas aquelas persoas que desexen iniciarse no mundo da creación literaria e descubrir o pracer de escribir. Terá lugar os días venres 17 e sábado 18 de xullo de 2026, en horario de 10:30 a 13:00 horas, na Aula de Pesca da Praia Fluvial de San Clodio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O curso será impartido polo escritor, Xavier Frías Conde, filólogo, docente e autor cunha ampla traxectoria literaria. Nado en Béjar (Salamanca) en 1965, desenvolveu unha intensa actividade como escritor en galego, castelán, portugués e asturiano, publicando máis de sesenta obras, moitas delas dirixidas ao público infantil e xuvenil. Ademais da súa faceta literaria, é profesor da UNED e un destacado investigador no ámbito da filoloxía románica e da lingua galega.

Durante as sesións, as persoas participantes poderán achegarse ás principais técnicas de creación literaria, aprendendo a construír relatos, crear personaxes e desenvolver a súa propia creatividade nun entorno privilexiado á beira do río Sil.

O obradoiro está pensado para todas as idades e niveis, especialmente para aquelas persoas que queiran dar os seus primeiros pasos na escritura e explorar as posibilidades da expresión literaria.

A matrícula ten un prezo xeral de 20 euros, establecéndose unha tarifa reducida de 10 euros para estudantes de Bacharelato, ciclos formativos e graos universitarios, así como para persoas desempregadas. Ademais, entregarase un certificado de asistencia a todas as persoas que o soliciten ao remate da actividade.

As inscricións están aberta ata o 15 de xullo e deberán realizarse a través do correo electrónico educacionecultura.ribasdesil@gmail.com, indicando no correo o nome e apelidos, o ano de nacemento e un teléfono de contacto.

As prazas son limitadas, cun máximo de 20 participantes, polo que desde o Concello de Ribas de Sil anímase á veciñanza e ás persoas interesadas na literatura a reservar a súa praza e aproveitar esta oportunidade para achegarse ao mundo da escrita creativa nun enclave único do municipio.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...