HomeCulturaEstefanía Padullés 'foi profeta na súa terra de acollida'

Estefanía Padullés ‘foi profeta na súa terra de acollida’

A ilustradora e escritora catalá afincada en Paradela estivo moi arroupada na presentación da súa novela "Memoria de sombra y bosque".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Paradela respondeu días atrás á presentación de Memoria de sombra y bosque, a nova novela da escritora e ilustradora Estefanía Padullés, residente no municipio. O acto congregou a moita veciñanza e representantes institucionais arredor dunha obra que pon o foco na saúde mental e na adolescencia máis vulnerable.

A autora estivo acompañada pola alcaldesa de Paradela, Montserrat Mulet Sar; polo director territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en Lugo, Manuel Antonio Fernández Piñeiro, e polo escritor e xornalista Xulio Xiz Ramil, que participaron nun coloquio no que se abordaron tanto o proceso creativo da novela como a realidade social que inspira a historia.

Durante o encontro, Padullés explicou que Memoria de sombra y bosque, publicada por Hércules de Ediciones, supón un cambio na súa traxectoria literaria. “Tras varios traballos vinculados ao álbum ilustrado, a autora adéntrase por primeira vez na novela cun relato de marcado contido social, construído a partir dun intenso labor de documentación sobre menores tutelados e adolescentes en situación de vulnerabilidade”, explican dende a editorial.

A presentación desenvolveuse nun ambiente próximo e participativo. Ao remate do acto, numerosos asistentes aproveitaron para conversar coa autora e solicitar a sinatura dos exemplares da novela, prolongando un encontro que confirmou a boa acollida da obra entre o público da comarca.

Estefanía Padullés asinando exemplares da súa novela. Foto: Hércules de Ediciones.
Sinatura de exemplares. Foto: Hércules de Ediciones.

ÚLTIMAS

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...