HomeEconomíaEste 6 e 7 de xullo Chantada acolle Xornadas de Economía Social...

Este 6 e 7 de xullo Chantada acolle Xornadas de Economía Social e relevo xeracional no rural

O Auditorio Municipal de Chantada acollerá os días 6 e 7 de xullo desenvolverá unhas xornada arredor da Economía Social que organiza a Fundación Acción contra Fame.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actividade comezará cunha charla sobre as posibilidades que ofrece a Economía Social ante dous grandes retos do rural: o relevo xeracional e o acceso á vivenda. Posteriormente, de 12:00 a 14:00h, realizarase un obradoiro práctico para coñecer as formas xurídicas e os modelos organizativos da economía social.

A iniciativa está orientada a persoas emprendedoras, titulares de negocios familiares, empresas e todas aquelas persoas interesadas en coñecer alternativas que contribúan a asegurar o futuro das empresas do territorio e a impulsar novos modelos de desenvolvemento rural.

O martes 7 de xullo, de 10.00 a 14.00 horas, tamén no Auditorio Municipal de Chantada, terá lugar a charla “O futuro das nosas empresas: oportunidades e desafíos do relevo xeracional”, centrada nas claves para facilitar a transmisión de negocios e favorecer a súa continuidade no territorio. A organización presentará unha estratexia coa que intentan recoller información sobre negocios cunha situación próxima á busca de relevo.

A participación nas xornadas é gratuíta, previa inscrición a través do formulario habilitado pola organización: https://bit.ly/ecosocialrelevo. As actividades enmárcanse no proxecto “Comunidades de Dinamización e Emprego Inclusivo: Novas Ruralidades”, desenvolvido en colaboración coa Fundación “la Caixa”, co obxectivo de impulsar oportunidades de desenvolvemento persoal, profesional e comunitario no medio rural.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...