HomesociedadeOs Museos de Quiroga amplían o horario de apertura durante o verán

Os Museos de Quiroga amplían o horario de apertura durante o verán

O Museo Xeolóxico e o Museo Etnográfico de Quiroga comezaron co mes de xullo co seu horario de verán, un horario de apertura máis amplo do habitual.

Publicado o

- Advertisement -

A participación do Concello de Quiroga no programa servizo de voluntariado xuvenil da Xunta de Galicia, permite abrir os museos de Quiroga durante o meses de xullo e agosto de luns a venres de 10 a 14 h. Os sábados, domingos e festivos o Museo Xeolóxico abre de 11 a 12 h. E o Museo etnográfico de 12 a13 h.

Ademais, calquera día e a calquera hora, visitas guiadas para grupos de 10 ou máis persoas, en visitas concertadas previa cita no teléfono 982435125 ou no enderezo electrónico cultura.quiroga.quiroga@eidolocal.es.

A maiores, dentro do programa de dinamización turística do Concello de Quiroga: “descubrir Quiroga”, que conta co financiamento da Deputación Provincial de Lugo, levarase a cabo, o domingo, día 2 de agosto: Aventura en familia. Nesta actividade, a primeira parte consiste nunha visita ao Museo Xeolóxico con dinámicas para nenos e nenas.

As persoas interesadas nesta última actividade poden anotarse ou recibir máis información en: turismo.quiroga@eidolocal.es ou no teléfono 982435125. Para coñecer máis sobre os museos quirogueses pódese visitar a  páxina www.museosquiroga.org

ÚLTIMAS

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío...