HomesociedadeA Deputación impulsa a posta en valor das instalacións turísticas dos Chancís,...

A Deputación impulsa a posta en valor das instalacións turísticas dos Chancís, Augas Mestas e Maiorga

A Deputación de Lugo vén de aprobar o inicio dos procedementos para a concesión demanial de tres equipamentos turísticos na Ribeira Sacra: o embarcadoiro dos Chancís, en Sober; as instalacións da Maiorga, en Pantón, que funcionan como pequeno club fluvial á beira do Miño; e o náutico de Augas Mestas, en Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A iniciativa busca atraer proxectos sólidos que permitan aproveitar todo o potencial destes espazos, reforzando a oferta turística da Ribeira Sacra nun momento especialmente relevante para o territorio, inmerso no proceso da súa candidatura a Patrimonio Mundial da UNESCO.

“Queremos que estes espazos estean vivos, presten un servizo de calidade e contribúan a dinamizar a economía local, crear emprego e reforzar o atractivo dun dos principais destinos turísticos da provincia”, destaca a voceira socialista, Pilar García Porto. Os tres equipamentos atópanse en enclaves privilexiados da Ribeira Sacra e contan cun enorme potencial para ampliar a oferta de servizos vinculados ao turismo de natureza, ao lecer e ás actividades náuticas, contribuíndo a consolidar un desenvolvemento sostible e de calidade.

A Xunta de Goberno aprobou iniciar a concesión do embarcadoiro dos Chancís, cun canon mínimo mensual de 100 euros; das instalacións de Maiorga, por un canon de 230 euros ao mes; e do náutico de Augas Mestas, cun canon mínimo de 500 euros mensuais. Estas concesións terán unha duración inicial de cinco anos e poderán prorrogarse por períodos de dous anos, dous anos e un, ata un máximo de dez.

Porto explicou que Deputación busca atraer iniciativas solventes e comprometidas co territorio. Por iso, os pregos de condicións no valorarán unicamente a oferta económica, senón tamén os investimentos previstos e a calidade dos proxectos de explotación, co obxectivo de garantir unha xestión que xere valor engadido e mellore os servizos que se ofrecen á cidadanía e aos visitantes.

ÚLTIMAS

O ‘Festival do Viño da Ribeira Sacra’ consolídase como escaparate do sector vitivinícola

O pasado venres 3 de xullo comezaba no Paseo do Malecón o VIII Festival...

Segredos de Pantón anuncia os roteiros escollidos para ‘Cultiva Cultura’

Tras anunciar días atrás a súa estratexia de promoción do territorio con roteiros de...

Dous detidos por transportar MDMA, cocaína e haxix ocultas no seu vehículo no Páramo

A Garda Civil detivo a dúas persoas como presuntas autoras dun delito contra a...