Homesociedade25.000€ da Deputación para o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra

25.000€ da Deputación para o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra

Entre o 20 e o 29 de xullo, o Comité do Patrimonio Mundial da UNESCO reunirase en Busán (Corea do Sur) para pronunciarse sobre a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial, unha decisión que sitúa a comarca nun contexto de máxima proxección internacional.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López e Luis Fernández Guitián, presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra renovaron este 7 de xullo no miradoiro de Santiorxo o convenio anual de colaboración. Mediante este acordo, a Deputación achega 25.000€ a un convenio dotado con 160.000€, que permitirá garantir o funcionamento da estrutura técnica e administrativa do Consorcio de Turismo durante este ano. O financiamento resulta esencial para continuar executando proxectos estratéxicos, xestionar fondos públicos doutras administracións, apoiar aos concellos e ao sector turístico, promover o destino e coordinar actuacións orientadas ao desenvolvemento sostible da comarca.

Entre o 20 e o 29 de xullo, o Comité do Patrimonio Mundial da UNESCO reunirase en Busán (Corea do Sur) para pronunciarse sobre a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial, unha decisión que sitúa a comarca nun contexto de máxima proxección internacional.

Neste escenario, Carmela López subliñou que “temos claro que debemos potenciar un modelo sostible que protexa o territorio”, ao tempo que destacou a importancia de seguir fortalecendo a colaboración entre administracións para consolidar a Ribeira Sacra como un destino de referencia.

A Presidenta valorou que este convenio permite seguir “reforzando unha estratexia que, independentemente da decisión final da UNESCO, protexa a paisaxe e o patrimonio, fortaleza o tecido económico e contribúa a fixar poboación na contorna”. Neste sentido, lembrou que o Consorcio desempeña un papel clave na execución dos Plans de Sostibilidade Turística en Destino, na captación e xestión de recursos doutras administracións, na promoción da Ribeira Sacra e no impulso de proxectos vinculados á conservación e posta en valor do patrimonio, ademais de colaborar con iniciativas culturais, deportivas e profesionais que contribúen á dinamización e á desestacionalización do destino. Carmela López concluíu reafirmando o compromiso da Deputación coa Ribeira Sacra e co impulso dun modelo de desenvolvemento turístico baseado “na cooperación institucional, na protección da paisaxe e do patrimonio e na creación de oportunidades para o desenvolvemento económico e social da comarca”.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...