HomePolíticaO PP de Monforte deféndese das críticas do BNG sobre a Ponte...

O PP de Monforte deféndese das críticas do BNG sobre a Ponte do Malecón e fala da complicidade do goberno da Deputacion co proxecto

Os populares aseguran que fronte ás acusacións vertidas polos nacionalistas, os datos demostran que "quen está a pactar por detrás e en total connivencia para que esta infraestrutura sexa unha realidade son, precisamente, socialistas e nacionalistas."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, recorda que o pasado venres, 3 de xullo, na xunta de goberno da Deputación de Lugo —órgano no que gobernan en coalición o PSOE e o BNG—aprobouse un convenio por valor de 1.800.000€ destinado ao Concello de Monforte.

Na documentación oficial deste acordo, o alcalde, José Tomé, achega un proxecto cun importe total de obra de 5.126.356,71€ e, desde o PP consideran que aínda o rexedor afirma que os fondos serán para a mellora nas comunicacións urbanas e rurais, “moito nos tememos que se destine ao proxecto da ponte do Malecón”.

Katy Varela explica que “o importe total dese proxecto coincide de xeito exacto, ata o último céntimo, co orzamento total da ponte do Malecón, polo que todo apunta a que os fondos son para esa actuación”.

A voceira popular denuncia que este convenio deixa en evidencia as recentes declaracións do deputado do BNG no Parlamento de Galicia, Iago Suárez, que acusou publicamente á Xunta e a o PP de “complicidade” cunha actuación urbanística que el mesmo catalogou de “monstruosidade, escudándose nunha autorización técnica da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta que nada ten que ver coa vontade política”.

“O BNG monta o teatro no Parlamento e nas rúas criticando a obra, pero despois, onde se senta a gobernar co PSOE, que é na Deputación de Lugo, aproba os cartos para financiala e que sexa unha realidade que ninguén quere en Monforte”, criticou, ao que engadiu que “quen asina, acorda e saca adiante a ponte do Malecón son José Tomé, o PSOE e o BNG co seu apoio imprescindible dende a Deputación”.

Katy Varela tamén insiste en que non critican a chegada de recursos a Monforte, senón a finalidade que se lle dá aos cartos. “Co proxecto o concello destina 928.000€ anuais durante os vindeiros tres anos para a execución do proxecto; a un ano das eleccións, Tomé non debería de comprometer así os próximos proxectos de orzamentos municipais”.

ÚLTIMAS

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...