Homesociedade390.000€ da Deputación para rematar a estrada entre Seoane e Pedrafita

390.000€ da Deputación para rematar a estrada entre Seoane e Pedrafita

A Deputación de Lugo vén de iniciar os traballos de aglomerado na estrada provincial LU-P-1301, que completarán a renovación da vía entre Pedrafita do Cebreiro e Seoane do Courel na que leva investidos máis de 1M€.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As obras estanse desenvolvendo entre os puntos quilométricos 6,8 e 7,3, á altura das parroquias de Pacios e Lousada, e forman parte dun proxecto que ascende a 390.000€.

Os traballos de aglomerado desenvólvense despois de ter rematado os labores de ensanche desta estrada ata 10 metros e melloras na drenaxe. A continuación farase a sinalización e o tratamento da paisaxe, o que servirá para minimizar o impacto ambiental nesta zona dos Ancares que pertence a Rede Natura 2000.

Con estes traballos a Deputación cumpre o seu compromiso de mellorar os 6 quilómetros que quedaban pendentes nesta estrada, fundamental porque é un dos principais accesos ao concello de Folgoso do Courel e ademais é clave para a mobilidade da Montaña. Ademais, estas actuacións resolverán os principais problemas desta estrada, que tiña un ancho insuficiente en moitos tramos, con curvas complicadas de rasante irregular e mellorar as súas condicións en canto á drenaxe da auga, sinalización e inclemencias do tempo.

Nos últimos anos, a Deputación de Lugo ten acometido obras de mellora en diferentes tramos, ata o quilómetro 12,51 á altura de Hospital, na parroquia de Santa María do Cebreiro. Un conxunto de actuacións da que se beneficiarán as preto de 2.000 persoas que viven entre estes dous convenios e que dá servicio tamén a recursos importantes no turismo rural da contorna.

ÚLTIMAS

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío...

Alumnado dos centros educativos de Chantada reinterpretan ao artista local Manuel Jorge nunha exposición

A exposición "Manuel Jorge. Unha mirada nova", inaugurada este luns 21 de setembro no...