HomesociedadeA raíña Sofía comproba en Folgoso do Courel os traballos de recuperación...

A raíña Sofía comproba en Folgoso do Courel os traballos de recuperación medioambiental despois do incendio do 2022

A raíña Sofía visitou este mércores Folgoso do Courel e Rubiá para comprobar os traballos realizados, enmarcados no convenio entre a Fundación Reina Sofía e a Xunta, tras os incendios que padeceron no 2022 e 2025, respectivamente.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Fundación Reina Sofía achegou 65.000 euros á Xunta para contribuír á restauración e recuperación de espazos naturais protexidos afectados por incendios forestais. A achega destinouse a dúas actuacións elaboradas e executadas pola Xunta: unha no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra e outra na Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel, na que estaba previsto repoboar con frondosas.

En canto á actuación na Serra da Enciña da Lastra, cun orzamento de 50.000 euros, o convenio recollía a rehabilitación dunha alvariza tradicional. Así mesmo, na Ribeira Sacra e nas Serras do Oribio e Courel o proxecto prevía crear unha masa mixta de frondosas de 1,37 hectáreas na aldea de Vilar, en Folgoso do Courel, que tiña un souto centenario afectado polo lume.

Durante a visita, a raíña estivo acompañada pola alcaldesa de Folgoso do Courel, Dolores Castro e entre outras autoridades, do delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, da subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, da conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, do deputado Pablo Rivera Capón e alcaldes dos concellos da zona sur da provincia de Lugo.

Raíña Sofía en Folgoso do Courel / Delegación do Goberno

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...