HomesociedadeWalls dá o relevo a Beret, o día 15 nas Patronais de...

Walls dá o relevo a Beret, o día 15 nas Patronais de Monforte

O concello de Monforte anuncia a incorporación do artista murcinano Walls ao programa musical das Festas Patronais de Monforte 202. Walls, que substitúe no cartel ao concerto de Beret, actuará o sábado, 15 de agosto, ás 0.30 horas, despois da sesión de fogos artificiais de San Vicente.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ginés Paredes Giménez, Walls, é un dos artistas con maior proxección do panorama musical español e unha das figuras chamadas a liderar a nova xeración do pop-rock nacional. Chega a Monforte no mellor momento da súa carreira, tras publicar o seu terceiro álbum de estudio “El Día que me Olvides”, co que debutou como número 1 na lista oficial de ventas en España.

Walls substitúe no cartel ao concerto de Beret, que foi cancelado sen que supuxera ningún coste para o Concello. A nova contratación supón, ademais, un aforro no orzamento total do programa musical, baixando dos 127.500 euros da actuación de Beret aos 82.280 euros, iva inclúido, que supón a incorporación de Walls. O aforro é, polo tanto, de 44.770 euros.

O Alcalde explica que esta incorporación ao cartel “mantén a filosofía da programación musical das Festas Patronais que vimos facendo con gran éxito desde a nosa chegada ao goberno municipal e que consiste en combinar artistas consolidados con algúns dos nomes con maior proxección da música española”. O resultado, engade, é un programa “equilibrado, actual e pensado para todos os públicos”.

CARTEL COMPLETO FESTAS PATRONAIS 2026

Martes, 11 de agosto:

  • DE VACAS. Praza de España, ás 22.30 horas.   

Mércores, 12 de agosto:

  • RÁFAGA: Explanada da Compañía, ás 00.00 horas.
  • ORQUESTA OLYMPUS: Ofrecerá dous pases. Un de 23.00 a 00.00 horas, e outro, máis extenso, de 1.30 a 3.30 horas.

Xoves, 13 de agosto:

  • MISS CAFEÍNA: Concerto ás 12 da noite, na Explanada da Compañía.
  • ORQUESTA ACORDES: Ofrecerá dous pases. Un de 23.00 a 00.00 horas, e outro de dúas horas, de 1.30 a 3.30 horas.

Venres, 14 de agosto:

  • MARLON: Explanda da Compañía, ás 00.00 horas.
  • ORQUESTA LOS ESPAÑOLES. Dous pases, 23.00 a 00.00 horas, e de 1.30 a 3.30 horas.

Sábado, 15 de agosto:

  • WALLS: Explanada da Compañía. Este concerto será ás 0.30 horas, despois da sesión de fogos artificiais de San Vicente.
  • DOC MAGOO`S e MALENNE. A xornada grande das Festas Patronais reserva tamén protagonismo ao talento local, coa participación das bandas monfortinas: DOC MAGOO’S, de 22.30 a 00.00 horas e MALENNE, de 02.00 a 03.30 horas

Domingo, 16 de agosto:

  • ORQUESTA PANORAMA: O peche das Festas correrá a cargo da Orquesta Panorama, que ofrecerá dous pases. O primeiro despois dos Fogos do Río, de 00.30 a 2.30 horas, e o segundo, de 3.30 a 4.30 da madrugada.

GRUPO AMÉRICA. Dúas sesións: de 22.00 a 00.00 horas, e de 2.30 a 3.30 horas

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...