HomePolíticaPor Chantada presenta nova coordinadora enfocada nas municipais

Por Chantada presenta nova coordinadora enfocada nas municipais

A formación política considera que o plan de investimentos que se levou a pleno o pasado luns "endebeda ao concello de Chantada sen presentar proxectos concretos e faise neste momento con clara intención electoral".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Por Chantada – Interior Galego Vivo renovou a súa Coordinadora coa vista posta nas eleccións de maio do vindeiro ano. A nova equipa, que tomou posesión o 28 de xuño, está integrada por dezaseis persoas, “combinando experiencia e renovación, con perfís profesionais, idades e traxectorias moi diversas”.

«Estamos moi satisfeitos de poder contar cun grupo de persoas comprometidas que dedica tempo e esforzo, de maneira totalmente altruísta, para que este movemento viciñal continúe medrando. Somos unha organización independente, sen tutelas nen dependencias, construída desde abaixo e con vocación de servizo público. O noso obxectivo é seguir consolidándonos como a ferramenta que permita facer realidade a mudanza que Chantada precisa», afirma Antom Fente.

No primeiro encontro de traballo analizaron algunhas das principais preocupacións da cidadanía de Chantada, que consideran son: o acceso á vivenda, a falta de transporte público, a progresiva deterioración da sanidade pública, as dificultades de inclusión social, o abandono das parroquias, a perda de servizos ou os desafíos derivados da transición enerxética e da defensa do territorio.

Por Chantada traballa tamén na organización da III Universidade Popular, prevista para o vindeiro mes de setembro, e das II Xornadas da Comunidade, que se celebrarán en febreiro de 2027. Con estas iniciativas, a formación pretende continuar promovendo espazos de reflexión, formación e participación cidadá, reforzando a súa actividade máis alá da representación institucional.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...