HomePolíticaO BNG defende unha moratoria para permitir o uso de drons nos...

O BNG defende unha moratoria para permitir o uso de drons nos tratamentos fitosanitarios da Ribeira Sacra

O BNG nas comarcas do sur de Lugo considera que esta ferramenta pode ser clave para garantir a continuidade da viticultura heroica, especialmente nas explotacións de minifundio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG considera que o emprego de drons pode ser unha solución eficaz para garantir a continuidade de moitas explotacións “contribuíndo así á conservación da paisaxe, do patrimonio e da actividade económica ligada ao viño”.

A responsable comarcal do BNG na Ribeira Sacra lucense, Rosa Ana Prieto Florines, sinala que “na Ribeira Sacra temos unhas condicións moi particulares: está prohibida a mecanización en boa parte dos viñedos e tamén o rego automático, polo que os viticultores necesitan alternativas viables para manter unha actividade que forma parte da nosa identidade e da nosa economía”.

Con todo, desde o BNG deixan claro que esta autorización debe ir acompañada dunha regulación rigorosa, “Hai que facelo dun xeito garantista, protexendo a saúde das persoas e tamén a flora e a fauna”. Consideran imprescindible que a futura normativa estableza diferenzas claras entre zonas habitadas, zonas chairas e as ribeiras, “adaptando as condicións de uso dos drons ás características de cada espazo e establecendo todas as medidas de seguridade necesarias”.

“O equilibrio entre a protección ambiental e a viabilidade da viticultura heroica é perfectamente posible. O que fai falta é unha lexislación sensata, baseada na evidencia científica e adaptada á realidade da Ribeira Sacra”, conclúe a responsable comarcal.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...