Homesociedade310.000€ para Láncara e Quiroga en convenios coa Deputación

310.000€ para Láncara e Quiroga en convenios coa Deputación

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou un convenio co concello de Láncara polo que achegará 250.000€ ao concello de Láncara para diversos camiños e 60.000€ para actuacións turísticas a patrimoniais en Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No concello de Láncara financiarase a mellora de camiños municipais nas parroquias de Pedreira, Láncara, Trasliste, Vilar de Toirán, Ronfe e Vilambrán. As actuacións inclúen a apertura de cunetas, reparación de desperfectos, pavimentación con aglomerado en quente e sinalización horizontal, co obxectivo de mellorar a mobilidade da veciñanza e os accesos ás vivendas e explotacións agrogandeiras.

Así mesmo, aprobouse un convenio co Concello de Quiroga, cunha achega provincial de máis de 60.000 euros, para financiar actuacións de posta en valor do patrimonio, promoción turística e dinamización social. O acordo permitirá crear un roteiro para divulgar a historia da siderurxia do ferro na Toca, mellorar a sinalización dos recursos turísticos do municipio, elaborar un estudo para a recuperación patrimonial do Castelo de Novais e colaborar na programación das actividades de Nadal.

“Os acordos aprobados hoxe son un exemplo do modelo de traballo deste Goberno provincial: investir onde máis se necesita, colaborar cos concellos desde o respecto á súa autonomía e facer da cooperación institucional a mellor ferramenta para mellorar a calidade de vida da cidadanía e avanzar nunha provincia con máis oportunidades para todos e todas”, valora a deputada, Pilar García Porto.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...