HomePolíticaO BNG de Monforte reclama acabar coas deficiencias de obras como a...

O BNG de Monforte reclama acabar coas deficiencias de obras como a da Praza da Estación

O BNG de Monforte levará ó Pleno ordinario do mes de xullo dous rogos orientados a mellorar os espazos públicos e avanzar cara a unha mobilidade máis sostible.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A primeira das propostas reclama ao Goberno municipal que esixa á empresa adxudicataria das obras da Praza da Estación a correcta finalización dos traballos, reparando todas aquelas deficiencias e remates que aínda presenta a actuación. O Bloque considera que unha obra desta importancia non pode darse por concluída mentres existan acabados deficientes ou elementos pendentes de executar.

Para o BNG, trátase dunha cuestión de responsabilidade na xestión dos recursos públicos. A reforma da Praza da Estación supuxo un importante investimento económico e o Concello debe garantir que a empresa cumpra integramente co contrato, esixindo a reparación de todos os desperfectos antes da recepción definitiva da obra.

A segunda iniciativa propón a instalación de puntos públicos de recarga para vehículos eléctricos no Parque dos Condes. O BNG considera que esta localización é especialmente axeitada pola súa situación céntrica, pola ampla dispoñibilidade de prazas de estacionamento e pola proximidade aos principais servizos, equipamentos e zonas comerciais da cidade.

Os nacionalistas lembran que o número de vehículos eléctricos medra de maneira constante e que Monforte debe adaptarse a esta nova realidade dotándose dunha rede pública de recarga suficiente. Ademais, destacan que a Ribeira Sacra recibe cada vez máis visitantes e que contar con este tipo de infraestruturas supón un valor engadido para o turismo e para a imaxe dunha cidade comprometida coa sustentabilidade.

O BNG lembra tamén que existen diferentes liñas de financiamento procedentes doutras administracións e da Unión Europea que poden cubrir unha parte moi importante, e mesmo a totalidade, do investimento necesario para instalar estes puntos de recarga, polo que consideran que é unha oportunidade que o Concello non debería deixar escapar.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...