HomesociedadeConcerto da banda Dinosaurios na terraza de Las Vegas en San Clodio

Concerto da banda Dinosaurios na terraza de Las Vegas en San Clodio

O Hotel-Restaurante Las Vegas, en San Clodio, vivirá outra velada nocturna de música en directo o Día de Galicia da man do grupo de pop-rock monfortino ‘Dinosaurios’.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concerto será, como todos os que se programan no verán, de balde e nun lugar privilexiado, a ampla e arborada terraza coñecida tradicionalmente como ‘A Pista’. Este emblemático lugar foi en tempos un popular lugar de encontro dos amantes do baile nas fins de semana, principalmente os domingos.

DINOSAURIOS

Dinosaurios é un grupo de Monforte de Lemos que fai versións de pop-rock en castelán cun repertorio no que se atopan principalmente cancións do panorama musical dos 80-90 aínda que tamén se inclúen algúns máis actuais. Así, o público pode escoitar dende ‘Radio Futura’, ‘Leño’ e ‘Los Ronaldos’, ata ‘M Clan’ ou ‘Los Zigarros’.

A banda compóñena: Mani á batería e coros, Manu Valverde no baixo e coros; e Tiji á guitarra e voz.

Despois de cinco anos en activo suman un gran número de concertos funcionando moi ben os seus directos cun son sólido e contundente. Cun repertorio moi doado de recoñecer, repasan o panorama musical de grandes éxitos de varias décadas do pop-rock español.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...