HomesociedadeNovo éxito de participación nos Campamentos de Verán de Chantada

Novo éxito de participación nos Campamentos de Verán de Chantada

Este ano asistiron as actividades, 250 rapazas/rapaces de entre 3 e 12 anos que contan con servizo de madrugadores de 8:00h a 10:00h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada completou, co remate de xullo, os Campamentos de Verán destinados ao desenvolvemento físico e psíquico dos nenos e nenas participantes, ao tempo que se favorece a conciliación familiar na tempada estival.

Nas últimas quincenas organizáronse actividades destinadas a potenciar a tolerancia e o respecto, fomentando a comunicación e a iniciativa na toma de decisión na vida cotiá. Todas as propostas son gratuítas e incluiron actividades deportivas, obradoiros de expresión plástica e artística, xogos e actividades na natureza. O obxectivo, potenciar habilidades sociais, sempre con especial atención á integración e ás temáticas inclusivas e non sexistas.

Esta programación conta co cofinanciamento do Plan Corresponsables do Ministerio de Igualdade do Goberno de España.

Campamentos Verán Chantada 2026 / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...