Homesociedade2 novos policías en prácticas reforzarán a comisaría de Monforte

2 novos policías en prácticas reforzarán a comisaría de Monforte

A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, recibía o 24 de xullo, na Subdelegación do Goberno, aos 12 novos policías nacionais en prácticas que completarán a súa formación nas comisarías da provincia durante os próximos once meses.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os novos axentes pertencen á 41ª promoción da Escola Nacional de Policía de Ávila e están integrados por cinco mulleres e sete homes, cunha media de idade de 26 anos. O grupo desenvolverá esta fase práctica en diferentes unidades da Policía Nacional, coa finalidade de completar a súa preparación antes da incorporación definitiva ao corpo.

A subdelegada destacou o importante labor que desempeña a Policía Nacional para garantir a seguridade e a convivencia, ao tempo que lles trasladou os seus mellores desexos nesta etapa decisiva da súa formación profesional.

Dos doce policías en prácticas, oito prestarán servizo na Comisaría Provincial de Lugo, dous incorporaranse á Comisaría de Monforte de Lemos e os outros dous farano na Comisaría de Viveiro.

Unha vez rematado este período de prácticas, os axentes elixirán destino definitivo en función da puntuación obtida no proceso selectivo, que combina a cualificación da oposición, as notas acadadas durante a formación na Escola Nacional de Policía e a valoración do período práctico, incorporándose posteriormente ás súas prazas en propiedade mediante concurso xeral.

ÚLTIMAS

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...